Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 26 de novembro de 2024

OS SUPERHEROES DA ESCOLA COIDAN O PLANETA

 Os Superheroes da escola contáronos como podemos axudar a coidar o planeta. Convidáronos a unirnos ao seu club e déronnos un carné de verdade! 




luns, 25 de novembro de 2024

MISIÓN CORAZÓN

 Os superheroes e as superheroínas da Escola de Ribadumia tiñan unha misión o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: formar parte do cambio necesario para eliminar esta lacra. Con Respecto, Amor e Diálogo. Falando para chegar a unha solución e Actuando para que todas as mulleres se sintan cheas de Vida e Libres para Elixir o que queren. Sensibilizando e Educando desde ben pequenos para poder vivir nun mundo onde a Igualdade sexa real e sempre se Protexa os máis débiles.







sábado, 23 de novembro de 2024

PAPÁ NOEL

 A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer un Papá Noel. Moitas grazas a todas por participar! 


O Papá Noel de Dani



Imos probar o gorro de amorodos



Fantástico, Dani!



Eric colocando os ingredientes do seu Papá Noel

Mirade que ben quedou!

Hora de almorzar!

Que boa está a tortiña!

Queredes probar? Está delicioso!


Adán e o seu Papá Noel listo para comer





Aroa preparando o seu Papá Noel



Adiviñade de que é o gorro de Papá Noel de Aroa





Que contenta está Lara co seu Papá Noel!



Alma rodeada de Papás Noeis



Carmen preparando os ingredientes para facer o seu Papá Noel



Nariz colorado



Barba de plátano



A merendar!

martes, 19 de novembro de 2024

domingo, 17 de novembro de 2024

ÁRBORE DE NADAL

 



Comezamos as propostas de Nadal para o obradoiro de cociña en familia da fin de semana! Inauguramos a tempada coa árbore de Nadal. Moitas grazas a todas por participar!

Lara e a súa árbore de Nadal




Folliñas de kiwi



Boliñas por aquí e por alá



A árbore de Nadal de Alexia lista para merendar!



Adán e a súa árbore de Nadal



Eric e a súa árbore de Nadal



Un tronco resistente



Folliñas



Boliñas e neve



Decoramos un pouco máis...



E xa está lista a árbore de Nadal de Carmen!

xoves, 14 de novembro de 2024