Acaba o segundo trimestre e despedímonos con pitiños e ovos de chocolate. Que teñades unhas moi felices vacacións. Vémonos á volta o martes 11 de abril en Leiro.

Imaxe: Ricardo Liniers Siri
venres, 31 de marzo de 2023
mércores, 29 de marzo de 2023
RIMANDO
Estes días estamos preparando un libro cunha poesía moi especial e buscando palabras que riman con outras. Hoxe escoitamos esta canción coa que xogamos a atopar palabras que riman con limón e canción.
RECICLANDO REDES
Hoxe comentamos unha noticia que apareceu na prensa e que nos pareceu interesante: unha empresa recicla redes de pesca que xa non serven e fai con elas mesas, bancos, letras, trofeos, maceteiros, monopatíns, lapiseiros... Pareceunos moi boa idea darlle unha nova vida ás redes, sacándoas do mar e evitando así contaminalo e poñer en perigo a fauna mariña. E gustounos moito a cor que as redes dan aos taboleiros.
Se queredes ler a nova completa picade aquí.
![]() |
Picade aquí para ir á páxina da empresa e ver o vídeo |
luns, 27 de marzo de 2023
domingo, 26 de marzo de 2023
FLORES DE PRIMAVERA
A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer flores de primavera e darlle a benvida á nova estación. Moitas grazas a todas por participar! Quedaron fantásticas!
![]() |
Aroa e as súas flores de primavera |
![]() |
Sofía e as súas flores de primavera |
![]() |
Adán e as súas flores de primavera |
![]() |
As flores de primavera de Valeria |
![]() |
Alma e as súas flores de primavera |
xoves, 23 de marzo de 2023
mércores, 22 de marzo de 2023
martes, 21 de marzo de 2023
DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE DOWN
O 21 de marzo celébrase o Día Internacional da Síndrome de Down. E para darlle visibilidade e concienciar a sociedade, participamos na proposta de Chloe Lennon de levar calcetíns desparellos ese día. No cole vimos uns vídeos de Down Galicia que nos axudaron a achegarnos de forma sinxela a esta síndrome. E tamén contamos o conto dos Bolechas: Xela celebra o seu aniversario. Un conto sobre a amizade sen barreiras e a Síndrome de Down.
luns, 20 de marzo de 2023
PISTAS DE PRIMAVERA
Hoxe despedimos o inverno e estivemos buscando no patio as pistas que nos deixa a nova estación. Follas, flores, bolboretas... A primavera xa está aquí!
domingo, 19 de marzo de 2023
A NAVEGAR!
A proposta para o obradoiro de cociña desta fin de semana era facer barquiños veleiros. Moitas grazas por participar! Quedaron xeniais! Vaia chefs estades feitas, familias!
![]() |
Quen dixo que as bruxiñas só van en vasoiras? Mirade que barquiños fixo Alma! |
![]() |
Aroa e Minnie merendaron barcos e peixiños |
![]() |
Os barquiños de Sofía viñan acompañados dunha poesía: Van navegando tres barquiños polo río Umia de Barrantes ata Ribadumia. |
![]() |
Adán e os seus barquiños |
![]() |
Os barcos de Valeria |
xoves, 16 de marzo de 2023
SETE CANCIÑOS
Na edición dixital do Diario de Arousa limos que rescataron en Meis sete canciños que alguén abandoara no monte metidos nun saco. Falamos da importancia de respectar os animais e de como coidamos e queremos os nosos.
Despois escoitamos e bailamos a canción do Canciño, de Uxía Lambona. Aquí vola deixamos por se queredes escoitala na casa.
mércores, 15 de marzo de 2023
XOGAR A PENSAR CON WONDER PONDER
Recibimos a Juanita
como sempre que vén visitarnos: con moita ledicia e expectación. Que nos traerá
hoxe?
Juanita trae na súa
bolsa as normas para xogar a pensar con ela. Revisámolas.
Hoxe Juanita está
preocupada. Onte visitou un cole e á hora do recreo presenciou unha situación
que a fixo preocuparse. Quere compartila con nós e pedir a nosa opinión. Miramos
na súa bolsa e aparece unha imaxe (pertencente ao libro Mundo Cruel)
Pasámola e
observámola.
Pr: Que pasou aquí?
S: Le están tirando
del pelo
Ar: Le están
tirando del pelo, de las manos y todo.
M: Le están tirando
por la mano.
R: Tiráronlle do
pelo
J: Uno grande le
tiró del pelo, dos pequeños le tiraron de la mano. A una niña. Y uno está
comiendo la comida de la niña, que se la tiró este de aquí abajo. Y ahora se
come los chuches de ella.
Pr: E iso está ben?
J: No
S: No
Ad: No está bueno
Pr: Que estaba
facendo a nena antes de que isto ocurrira?
S: Comiendo los
dulces.
J: Los que están
muy arriba yo creo que se están riendo de ella, de la niña.
S: No, esos no. Se
está riendo este (sinala a persoa de abaixo á esquerda)
J: No, ese no tiene
cara de reirse. Tiene cara de aburrido.
V: Las de arriba se
están riendo porque están juntas.
Pr: Rinse do que
está pasando?
V: No. Se ríen
porque están juntas y jugando a otra cosa.
Pr: Miramos a cara
da nena. Como está?
S: Está gritando
J: Grita para
intentar que ellos se vayan
Pr: Que pode estar
dicindo?
S: AYUDAAAAAAA!!!!
J: Está llorando
Ad: Chorar
S: Grita:
AYUDAAAAA!!!
Pr: E alguén a está
axudando?
Todos: Noooon
Pr: Imos contar
cantas persoas hai no patio.
Todos contan: 1, 2,
3, 4, 5, 6, 7 , 8, 9 ,10
Pr: Hai dez persoas
e ningunha está axudando a nena? Por que credes que non a axudan?
J: Creo que tienen
miedo que les pegue el grande. Porque es grande.
S: No la ayudan
porque son malos.
V: Porque son malos
Ar: Porque están un
pouco tolos.
J: Mira este! (Sinala
un neno arriba á dereita da imaxe que ten a lingua fóra) Se está riendo y
echándole la lengua.
Pr: Que tiene en la
mano el niño?
J: Una piruleta.
Pr: Non estará
botando a lingua para lamber a piruleta?
J: Noooo. Eso se
mete en la boca. Se está burlando.
Ar: Nadie se está
acercando. Porque uno está que le tira de las manos, otro que le tira del pelo...
Pr: E se vós
fósedes esta nena e ao saír ao patio alguén che tirara dos brazos, outro do
pelo...
S: Pues si
estuviera ahí V y viniera a ayudarme, me ayudaba.
Pr: V, ti axudarías
a S se lle estivese ocurrindo isto?
V: Si
Pr: Que farías se
che ocurrise isto a ti, S?
S: Gritaría:
AYUDAAAAAA!
Pr: E ti, V, que
farías se escoitaras a S?
V: No sé
M: Yo voy y le
quito las manos y le suelto las manos
S: Y luego soltarle
las manos del pelo. Primero le quitaría las manos a este. Y después a este y a
este. Y luego quitaría a la niña que le iba a comer los chuches.
M: Lo que pasa es
que yo le suelto las manos y espero y ya no lloró más.
J: No. Pero es que
no le quieren soltar el pelo. Si son malos que le están pegando, no la quieren
soltar.
Pr: Ti como farías
para axudala, J?
J: yo cogería una
pala y a los malos les pegaría un puñetazo.
Ar: Yo les corto
así la mano y les corto la cabeza y los pies y todo.
Pr: A ver. Estamos
no patio. E vós vedes que hai alguén pegándolle a un compañeiro. Como podemos
axudar sen pegar?
S: Quitando las
manos
Pr: E se non
queren?
S: Yo la abrazaría
y la vigilaría y luego la protejo.
V: Y yo la ayudaría
a S
Ar: Y yo la ayudo a
Al
J: Yo cogería arena
y a los malos les echaría arena a los ojos.
Pr: Pero non podemos
solucionar as cousas usando a violencia porque así non estamos portando coma
estes nenos de aquí. A quen podemos avisar se hai un problema no patio?
Ar: A la profe!
R: A la profe!
J: Yo le pagaría a
dos tíos para que vayan a defenderla.
Ar: Yo lo sabía,
que hay que llamar a una profe si a una niña le están tirando de los brazos y
del pelo.
Pr: Como podería a
profe solucionar este problema?
J: Pues llamando a
todas las profes y que la ayuden porque el tiene más de nueve. Hay que llamar a
todas las profes.
Pr: E que fan as
profes?
S: Berrarle
Ar: Marchad!
M: Marchad! Se acabó!
J: No, pero son
malos. Así no pueden hacer. Porque si son malos no te van a hacer caso. Solo te
van a hacer caso si vienen muchas y hacen así: Nos vamos, chicooooos.
Pr: Cantas profes
farían falta para solucionar esta situación?
Ar: Muchas!
R: Así: 1, 2, 3, 4,
5, 6, 7, 8...
J: 100! Yo me
metería en un colegio y llamaría a todas las profes que salgan contigo y les
daría cincuenta pavos para que le paguen y ya resuelto. Le pido el dinero a mi
mamá, se lo doy a las profes y ellas lo solucionan y ellos ya se van corriendo.
Así ya se van porque con eso ya son muchos.
Pr: Algunha vez vos
portastes vós con alguén como se están portando estes nenos con esta nena?
Todos: Noooo. Yo
noooo. Yo tampoco.
J: Una vez un niño
le tiró del pelo a una niña cuando estábamos allá jugando en el patio
Pr: E ti víchelo,
j?
J: No. Porque yo
estaba distraído con la merienda y estaba bien rica.
Pr: Entón como te
enteraches de que ocurriu?
J: Había cámaras en
mi colegio y lo vi en el celular de mi mamá.
M: Yo uso mi
pistola
R: Yo tengo una
pistola de dinosaurios.
Pr: A nena que está
comendo as chuches, está axudando?
Varios: No
J: Los malos le
pagaron a ella para que le quiten los chuches. Como estaban aquí los chuches,
se los tiró y ahora se los va a botar a la basura todos. Otra solución es que
yo me compro una pistola de rayos láser, le disparo a todos los malos y ya
está.
Pr: O resto dos
nenos están portándose ben ou mal?
Varios: Ben
Outros: Mal
J: Mal. Porque la
niña les está pidiendo ayuda y ellos nos le hacen ni caso
Pr: Se escoitamos ou
vemos que alguén está en perigo e non axudo, estoume portando ben?
Ar: non.
Pr: Que teño que
facer se vexo unha situación perigosa e ao mellor teño medo de que a min me
peguen tamén?
S: Avisar a la
profe.
Ar: Si, avisar a la
profe.
J: Ah, pues yo hago
un muro delante de donde vinieron, muy grande, de cincuenta metros, y así no
podrán venir a pegarle. Y cojo los ladrillos, los pego con pegamento y así ya
no le pueden pegar. Y si viene un águila, voy a hacer una trampa arriba: cuando
pase el águila voy a saltar de un trampolín yo y le voy a pegar una patada y lo
tiré para allá.
M: pues yo hice un
muro muy alto y no entran los ladrones.
Pr: para acabar,
imos dicirlle a Juanita o que ten que facer se ve outra vez unha situación coma
esta.
S: Pues llamar a su
profe
J: Llamo a todos
mis papás y contigo nos unimos y a todas las profes que haya en esta ciudad y
solucionamos este problema. Y desactivo las trampas porque yo tengo el mando de
las trampas.
Rematamos a sesión
dándolle as grazas a Juanita pola visita e facendo a avaliación.
BONECOS PREHISTÓRICOS
Con carozos de millo, corda e tea de saco e de pelexo, fixemos bonecos prehistóricos. A que quedaron ben simpáticos? Moitas grazas, profe Olalla!
martes, 14 de marzo de 2023
RESCATADORES DE ANIMAIS MARIÑOS
Cando visitamos o porto do Grove, Rita contounos que ás veces hai animais que quedan enleados nas redes de pesca. A noticia que limos hoxe na edición dixital da Voz de Galicia fala de que un cachorro de león mariño e unha tartaruga foron rescatados e levados ao Igafe para a súa recuperación. Despois serán devoltos de novo ao mar.
COMEFROITAS DE MARZO
Manu vén de acadar a súa coroa de Rei Comefroitas do mes de marzo. Parabéns, Manu!
luns, 13 de marzo de 2023
A LENDA DO BURRO DA TOXA
Conta a lenda, recollida pola escritora Emilia
Pardo Bazán, que un grovense tiña un burro afectado dunha enfermidade da pel.
Ao non ter o valor para sacrificalo, preferiu deixalo abandonado na Illa da
Toxa, pensando que pola súa enfermidade non tardaría en abandonar este mundo.
Pasado un tempo e coa intención de enterrar os
restos do animal, regresou á Illa e atopouno con vida, curado e rebolándose nuns
lodos.
Contan que así foron descubertas as
propiedades curativas das augas termais
que nacen na Illa da Toxa e que deron lugar a un dos primeiros
balnearios de Galicia.
Na edición dixital da Voz de Galicia vimos
unha noticia que falaba da inauguración dunha escultura relacionada con esta
lenda. Se pasades por alí, mandádenos unha foto!
domingo, 12 de marzo de 2023
PEIXIÑOS DO MAR
A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer peixiños de froitas. Moitas grazas a todas por participar!
![]() |
Adán e os seus peixiños |
![]() |
Sofía e os seus peixiños |
![]() |
Os peixiños de Sofía nadan entre as algas e tamén as comen |
![]() |
Joshua e os seus peixiños de froitas |
![]() |
Os peixiños de froitas de Valeria |