Imaxe: Ricardo Liniers Siri
Amosando publicacións coa etiqueta ENTROIDO 2019. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ENTROIDO 2019. Amosar todas as publicacións

venres, 1 de marzo de 2019

FESTIVAL ENTROIDO 2019

Chegou o día do festival do Entroido! E non podemos comezar doutro xeito que dando as grazas. Grazas ás familias pola vosa implicación cos disfraces dos vosos fillos e fillas. Porque se notou que todas os preparáchedes con moito agarimo e luciron ESPECTACULARES.
Os Arroases viñeron facer uns obradoiros con nós para amosarnos os beneficios de comer peixe e aprender máis das artes de pesca.
O mago Paco mesturou contos con maxia e abraiounos cos seus trucos e as súas historias.
Os maiores da residencia viñeron compartir con nós este día de festa e a merenda de Entroido que prepararon as familias dos nenos e nenas de tres anos. 
Rematamos a xornada desfilando polos arredores do Auditorio acompañados das familias, amigos e veciños. Un dez para os que viñeron disfrazados!
Voltamos ao cole o xoves 7 de marzo. Que pasedes unhas boas festas de Entroido!





Picade na foto para abrir o vídeo
















martes, 26 de febreiro de 2019

CARGANDO AS VARIÑAS MÁXICAS




E por fin chegou o día. Nun lugar máxico como é a nosa biblioteca e os instrumentos necesarios: sombreiro de mago, palabras máxicas, plumas de cores dunha ave máxica que vive no Himalaia, un ingrediente que cada un de nós lle engadiu e po de mago, as variñas persoalizadas quedaron cargadas de maxia da boa.

INGREDIENTES SEGREDOS (Shhhhh...)
Marta engadiu unha mancha de Ladybug
Leo unha pulga de gato
Alba tearañas
Diego unha uña de gato
Lois unha mancha de dálmata
Lía o yoyo voador de Ladybug
Manuel un pelo de bigotudo
Víctor un pelo de león
Carla un nariz de rato
Joel unha ala de Batman
Elisa unha mancha de xoaniña
e a profe un corazón de melón
















MARTES: O MECO MANDA...TRAER A CARA PINTADA


xoves, 21 de febreiro de 2019

AS ORDES DO MECO PARA A SEMANA DO ENTROIDO (25 FEB-1 MARZO)


A vindeira semana entramos de cheo no Entroido e coma todos os anos, o Meco manda. No debuxo podedes ver o resumo das ordes do Meco para que non esquezades ningunha. Animádevos a participar, vai ser moi divertido!

venres, 8 de febreiro de 2019

NOTA ENTROIDO 2019


Se vos fai falta algo do disfrace que non teñades, antes de mercalo falade coa profe porque seguro que entre todos podemos prestarnos algunha prenda de roupa, compartir unha saba vella ou un retal para facer unha capa, enseñar a facer un lazo para o pescozo con papel de xornal...

TRABALLANDO NO CONTO DE ENTROIDO