Moitísimas grazas ás familias dos nenos e nenas de 5 anos pola vosa colaboración traendo a merenda para compartir e por suposto ás mamás e papás que asaron as castañas toda a mañá a pesar da choiva. Agora toca descansar. Vémonos á volta o martes 3 de novembro en LEIRO!

Imaxe: Ricardo Liniers Siri
xoves, 29 de outubro de 2015
martes, 27 de outubro de 2015
DÍA DAS BIBLIOTECAS
O pasado sábado 24 de outubro celebrouse o DÍA DAS BIBLIOTECAS. Hoxe fixemos un marcapáxinas conmemorativo e lembramos a importancia de visitar con frecuencia a biblioteca, asistir a contacontos, facerse socios e levar libros para á casa en empréstito... As bibliotecas sempre son un lugar onde pasar unha tarde a gustiño!
luns, 26 de outubro de 2015
venres, 23 de outubro de 2015
AS CARABELAS DE COLÓN
Do Porto de Palos en Huelva, saíron as carabelas de Colón. Tivemos que andar a investigar que era isto das carabelas despois de ler o verso: Huelva, la orilla de las tres carabelas, do poema de Manuel Machado, Canto a Andalucía. Procuramos pistas no libro: De la A a la Z con Cristóbal Colón, da Editorial Everest e soubemos que o 12 de outubro de 1492 Colón descubriu América e cada 12 de outubro celébrase o Día da Hispanidade. Estamos aprendendo moitas cousiñas. Xa vos iremos contando. Hoxe fixemos unha carabela cada un e levámola para casa.
CONCURSO DE BIGOTES
Na Voz de Galicia viña unha noticia que nos chamou moito a atención: As barbas e bigotes máis estraños do mundo. Axiña miramos as fotos e quedamos abraiados coa cantidade e variedade de barbas e mostachos que aparecían. Estivemos xogando a buscar semellanzas entre os bigotes e outros obxectos: algún parecía o mando da videoconsola, outro unha estrela, outro os cornos dunha vaca... Comprobádeo vós mesmos picando aquí. Despois cada un debuxouse un bigote e decidiu en que categoría participar. Vaia noticia bigotuda!!
LA BRUJA BRUNILDA
Na biblioteca de Leiro temos moitos títulos da colección de aventuras da bruxa Brunilda e o seu gato Bruno. Recomendámosvos calquera deles!! Tamén nos gustou moito o libro que trouxo Rodrigo: Garabatos de miedo, para debuxar monstruos, bruxas e calquera personaxe de medo que poidades imaxinar.
xoves, 22 de outubro de 2015
O HOME CO PÉ MÁIS GRANDE DO MUNDO
Vímolo en varios xornais esta semana: La Voz de Galicia, ABC... O home co pé máis grande do mundo vive en Venezuela. Os seus pés miden 40 cm e calza un 60! Os nosos pés e zapatos son un pouco máis pequenos. Coa axuda dun pedímetro, comprobámolo.
martes, 20 de outubro de 2015
APÓCEMAS E BRUXAS: COLABORADES CON NÓS?
Hoxe levamos un encargo para casa: facer unha apócema para o "Libro de apócemas da bruxa". Miramos un libro: REPUGNANTE Y NUTRITIVA, que nos deu mooooito noxo, con receitas que metían medo! e de aí sacamos ideas para elixir un ingrediente que meter no caldeiro da bruxa. Agora toca facer as apócemas na casa. Podedes mirar as instruccións de como facelas picando aquí. Animádevos a participar!
Moitas grazas polas vosas apócemas!!
venres, 9 de outubro de 2015
DEGUSTACIÓN DE FROITOS DE OUTONO
Tocar, ulir, saborear... e sobre todo disfrutar dunha merenda diferente compartindo mesa cos compañeiros na escola. Será por iso que todo sabe mellor!
xoves, 8 de outubro de 2015
CANTO A ANDALUCÍA: MANUEL MACHADO
Con este Canto a Andalucía de Manuel Machado e as fotos que aparecen xunto a cada verso do poema imos aprendendo cousiñas das cidades máis importantes de Andalucía.
A BANDEIRA DE ANDALUCÍA
Canto nos gustou a historia do escudo de Andalucía que aparece na bandeira branca e verde desta Comunidade! Queredes tamén saber vós quen son os que aparecen?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)