Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 2 de marzo de 2023

XORNADA ALIMÉNTATE BEN

 Hoxe participamos nos obradoiros organizados polos monitores de Fai clic ao teu bocata, dentro do Plan Proxecta+ Aliméntate Ben. Xogamos a pescar, clasificamos alimentos máis e menos saudables e rematamos elixindo os ingredientes que máis nos gustaban para o noso bocadillo da merenda. Hoxe, bocata de lata! Polbo, sardiñas ou mexillóns con queixo, tomate, leituga, pementos, cebola... Que vos apetece?

Tamén recibimos a visita de Maruxa, hixienista dental, que nos lembrou a importancia de coidar os nosos dentes e comer san. 

Moitas grazas a todas por colaborar e participar!

































Ningún comentario:

Publicar un comentario