Celebramos os Maios cun día de sol precioso e a música dos gaiteiros que nos mandou a ANPA do CRA de Ribadumia. Fixemos adobíos florais para o cabelo, vestimos o Maio en grupo, cantamos, bailamos...Benvido, Maio!

Imaxe: Ricardo Liniers Siri
venres, 29 de abril de 2022
mércores, 27 de abril de 2022
SOPRA NESTE FURADIÑO
O dragón da lenda de San Jorge e o dragón chinés xuntáronse para convertirse no noso dragón botafogo. Sopra e descubre como!
martes, 26 de abril de 2022
PREPARANDO OS MAIOS
Lembrades a canción para cantarlle ao maio? Hoxe estivemos ensaiándoa e despois xogamos cos paus. Cantas construccións!
CH DE CHINA
Hoxe na biblioteca limos o libro Ch de China, co que aprendimos unha chea de vocabulario relacionado con este país. Despois xogamos ao bingo chinés!
luns, 25 de abril de 2022
venres, 22 de abril de 2022
CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO
DESCUBRINDO A CHINA
Estivemos aprendendo algo máis sobre os pandas xigantes que viven na China. Sabedes que se alimentan de bambú e que cando nacen non teñen pelo e miden tan só 15 centímetros?
xoves, 21 de abril de 2022
GUÍA DE LECTURAS PARA DAR A VOLTA AO MUNDO
Na Semana do Libro, Zapatocas e o seu equipo de biblioteca presentan a GUÍA DE LECTURAS PARA DAR A VOLTA AO MUNDO. Unha chea de libros que podedes atopar na nosa biblioteca e que tedes á vosa disposición para consultar ou levar en empréstito.
mércores, 20 de abril de 2022
martes, 19 de abril de 2022
SEMANA DO LIBRO 2022
O vindeiro sábado 23 de abril é o Día do Libro e nós temos varias sorpresas preparadas para celebralo. A primeira delas foi transformarnos nos protagonistas dos contos que temos na biblioteca. Buscamos as ilustracións e as portadas que máis nos gustaban, fomos facendo probas e...tachááááán!