Imaxe: Ricardo Liniers Siri

sábado, 28 de setembro de 2024

BICHOS DE UVAS

 



Esta fin de semana comezamos o obradoiro de cociña en familia. A primeira proposta foi facer bichos de uvas. Xa sabedes que podedes engadir ingredientes, cambialos por outros que teñades na casa...O importante é pasar un ratiño en familia cociñando, compartindo e pasándoo ben. 

Os primeiros bichiños en chegar foron os de Rodrigo e a súa familia. Moitas grazas por participar! Quedaron espectaculares!





Os seguintes bichiños en chegar foron os de Dani e a súa familia. Moitas grazas por participar! Quedaron fabulosos!



Máis bichiños! Os vermiños de Aroa e a súa familia chegan facendo unha carreira. Moitas grazas por participar!


E de seguido, chegan o caracol e a araña de Eric e a súa familia. Vaia festa de bichiños que nos está quedando!



Carmen e a súa familia tamén quixeron participar facendo tres caracois de colores e un verme.  Que concentrada estaba Carmen cociñando os seus bichiños e ao rematar... a merendalos! Moitas grazas por participar! 




E chegados directamente da cociña de Lara e a súa familia, chegan o ourizo e o verme pequerrecho. Moitas grazas por participar! Están xeniais!


venres, 27 de setembro de 2024

BOS DÍAS, SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS!

 


Para dar os bos días cantamos esta canción que nos gusta moito e ao mesmo tempo aprendémola en lingua de signos. Despois pasamos lista e miramos quen quedou na casa, cantos estamos no cole e que supermascota nos acompaña a cada un de nós esa xornada.




xoves, 26 de setembro de 2024

CUMPLES DE SETEMBRO

 En setembro temos tres cumples. O primeiro en celebralo foi Manu, que xa fixo 5! Hoxe celebrámolo acompañándoo na súa nova volta ao sol. Parabéns, Manu!



A segunda en celebrar o seu cumple foi Alexia, que fixo 4. Parabéns, mociña!



E o terceiro aniversario que celebramos foi o de Alma, que xa fixo 5 anos! Moitos parabéns!





CUMPLES DE VERÁN!

 Eloy fixo 3 e Aroa 5 o pasado mes de xullo. Quixeron celebralo no cole á volta das vacacións e acompañámolos hoxe festexando unha nova volta ao sol. Parabéns, mociños!






martes, 24 de setembro de 2024

IMOS A LEIRO!

 Hoxe foi o noso primeiro día en Leiro deste curso. Zapatocas, a mascota da biblioteca, xa estaba agardando por nós para presentarse, prestarnos un libro e repartir os novos marcapáxinas. Felices lecturas en familia!







luns, 23 de setembro de 2024

MÁIS COMEFROITAS

 Carmen, Aroa e Eric xa teñen a súa coroa de Comefroitas do mes de setembro! Parabéns!







sábado, 21 de setembro de 2024

COMEFROITAS DE SETEMBRO

 Non levamos case nada de curso e Manu e Lara xa teñen a súa coroa de Comefroitas do mes de setembro. Parabéns!





xoves, 19 de setembro de 2024

MÚSICA COA PROFE OLALLA

 A profe Olalla presentounos hoxe a súa clase a través de xogos musicais. Canto imos aprender con ela e que ben o imos pasar!






BENVIDA AO CURSO 24-25!

Comeza un novo curso! Tempo de reencontros e tamén de novas amizades. O verán segue acompañándonos e os primeiros días aproveitamos para xogar no patio e coñecernos máis e mellor. Benvidas ao curso 24-25!