
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
sábado, 30 de setembro de 2017
mércores, 27 de setembro de 2017
FESTA DO DEPORTE DO CONCELLO DE RIBADUMIA
Hoxe asistimos á festa do Deporte do Concello de Ribadumia. Comezamos ás nove visitando a biblioteca de Ribadumia, na que fixemos o carné de socios e contamos un conto. Despois camiñamos ata o Auditorio, onde xa nos agardaban para comezar as actividades da Festa do Deporte. Unha mañá de convivencia cos nenos e nenas das outras escolas do CRA e do CPI Julia Becerra Malvar que rematamos coa entrega de medallas para todos os deportistas participantes.
martes, 26 de setembro de 2017
COÑECEMOS A BIBLIOTECA DE LEIRO
Hoxe visitamos por primeira vez este curso a biblioteca de Leiro. Os máis pequenos coñeceron a Zapatocas e renovamos todos os marcapáxinas coas fotos novas para poder levar un conto para casa. Tamén comezamos coas actividades dos martes en Leiro: inglés, educación física, horta e informática.
xoves, 21 de setembro de 2017
LÚA
Ao longo deste curso imos traballar con moitos contos ilustrados por Óscar Villán. Algúns xa os temos na nosa biblioteca e outros iremos incorporándoos para aumentar os nosos fondos bibliográficos. Comezamos xa coñecendo a Lúa e os seus amigos: sol, caracol, corazón, xirasol e reiseñor. Canto nos gusta este contiño cantado!!
Unha vez que traballamos o conto, temos que montalo para poder grampalo e lelo. Hai que buscar todas as páxinas na gabeta, numerar as páxinas mirando no libro de Lúa e ordealas para poder grampalas. Un traballo moi laborioso pero cun produto final que ben merece a pena: xa podemos ler o noso conto de Lúa!!!!
O CALENDARIO
Todos os días miramos no cole o calendario e traballamos que día é, o tempo que fai... para despois facer o noso propio calendario.
A BANDA DE MÚSICA VÉN TOCAR Á NOSA ESCOLA.
Onte tivemos sorpresa na nosa escola: a banda de música veu tocar para nós! Coñecimos os instrumentos musicais que traían, adiviñamos que cancións eran as que tocaban... e quedamos convidados a apuntarnos con eles a aprender música.
PRESENTACIÓN DAS ESPECIALISTAS
Ao longo desta semana as profes especialistas están pasando pola nosa aula para presentarse e explicarnos que imos facer nas súas clases.
PERÍODO DE ADAPTACIÓN
Os primeiros días de escola serven para irse adaptando aos novos espazos, ás novas rutinas, coñecer os compañeiros e as profes... Benvid@s ao cole!!
martes, 19 de setembro de 2017
mércores, 6 de setembro de 2017
BENVIDA CURSO 2017-2018
AVISO IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS E ALUMNADO DE 3, 4 E 5 ANOS DA ESCOLA DE RIBADUMIA
COMEZO DO CURSO E REUNIÓN INFORMATIVA DENTRO DO PROXECTO: "O PRIMEIRO DÍA DE COLE MELLOR EN FAMILIA.
LUGAR: ESCOLA DE RIBADUMIA
DÍA: LUNS 11 DE SETEMBRO
HORA:10:00
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)