Imaxe: Ricardo Liniers Siri
Amosando publicacións coa etiqueta 2016-17 PLAN PROXECTA ALIMÉNTATE BEN: XERMOLIÑO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 2016-17 PLAN PROXECTA ALIMÉNTATE BEN: XERMOLIÑO. Amosar todas as publicacións

martes, 30 de maio de 2017

O DÍA DO MERCADO

No mercado de Santiago, a pesar de non poder facer a visita esta vez, agasalláronnos cun libro para cada un que promociona o mercado e todos os alimentos que nel podemos mercar. En parellas, un maior e un pequeno, traballamos os nomes dos diferentes postos que hai no mercado e do que alí podemos atopar.






venres, 19 de maio de 2017

LOIS E A TORTA DE SANTIAGO

Hoxe Lois trouxo de merenda unha mini torta de Santiago que lle fixo súa nai e que nos deixou coa boca aberta. Vaia pinta! Iso chámase preparar a saída do luns a conciencia!
😍


martes, 9 de maio de 2017

SER UN ARROAZ TEN PREMIO!

Xa fai un tempo, aló polo mes de marzo, fixemos unha proposta: cada vez que se trouxera de merenda un bocata de lata (e se comese, claro!), gañariamos unha pegatina para o noso álbum. O que conseguise encher o álbum, gañaría unha sorpresa. Pois ben, hoxe Hugo completou o seu e gañou un póster dos Arroases para poñer no seu cuarto e un chaveiro dun cabaliño de mar. Noraboa, Hugo! Ti si que es un verdadeiro arroaz!!






sábado, 6 de maio de 2017

FROITA DE TEMPADA

Vaia merenda saudable a do venres na Escola de Ribadumia! Probamos moita froita, algunha mesmo que non coñeciamos o seu sabor, e descubrimos que está ben saborosa. Aliméntate ben!







xoves, 30 de marzo de 2017

O ARROAZ URIEL



Uriel probou os precebes e explicounos con todo detalle como había que abrilos e que parte se comía. Parece que lle gustaron ben! Vaia arroaz estás feito, Uri!

Diploma de capitán arroas que levamos todos ao rematar o curso

COMO MEDRAN OS COGOMELOS!


Cada día a encargada ou encargado rega con agarimo os cogomelos, que están medrando moitísimo! Estamos abraiados!

mércores, 29 de marzo de 2017

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR: SAÍDA Á ILLA DE AROUSA

Dentro do programa O sabor da aventura está no mar, do Plan Proxecta, hoxe os Arroases convidáronos a ir á Illa de Arousa a coñecer un pouco máis como traballan os mariñeiros e mariñeiras no porto, na lonxa... Despois puxemos as botas de auga e coñecimos de primeira man e a pé de praia o traballo das mariscadoras e rematamos a xornada cunha merenda mariñeira poñéndonos as botas por segunda vez na mañá. Moitas grazas a Gus, Amaia, Teresa e os Arroases por esta nova aventura! Pasámolo fenomenal!




















xoves, 23 de marzo de 2017

CULTIVAMOS COGOMELOS


Á escola de Ribadumia chegou unha caixa cun kit de Seta's Pocket e as instruccións para o cultivo de cogomelos. Un agasallo de Hugo e a súa familia, que xa o probaron na súa casa e pediron outro para que o probásemos no cole. Esta semana comezamos e en dez días, a ver se o facemos ben, teremos a nosa primeira colleita de "setas de ostra". Que emoción!

mércores, 8 de marzo de 2017

O ARROAZ HUGO



O arroaz Hugo probou ameixas co seu curmán Breixo e non lle gustaron moito. O que si lle encanta é o pastel de cabracho que prepara a súa nai e do que nos trouxo a receita por se alguén se anima a facelo na casa. Vaia pinta, Hugo! Debe estar delicioso!

venres, 3 de marzo de 2017

O KIWI GALEGO

Seguimos coñecendo Galicia e no libro que nos deixou Zapatocas, na letra K atopamos o kiwi galego. Hoxe probámolo á hora da merenda. Non quedou nadiña! É que os kiwis da casa da profe María están boísimos!!



martes, 21 de febreiro de 2017

BOCATA DE LATA!

Por fin o noso arroaz Breixo atopou outro arroaz atrevido que quixo traer bocata de lata. Hoxe Hugo e o seu bocata de sardiñas acompañaron a Breixo e o seu bocata de atún. Bravo, arroases!!!



martes, 7 de febreiro de 2017

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA!

Hoxe tocaba bocata de merenda e Breixo, como arroaz que é, púxolle as pilas ao seu traéndoo de atún. Que pinta máis boa!! Agora hai que animarse a engadirlle un toque vexetal: unha rodela de tomate, unha folliña de leituga...

Alguén máis se atreve a poñerlle as pilas ao seu bocata o vindeiro martes? Atún, sardiñas, mexillóns... Veña, arroases! Bocata de lata!


xoves, 2 de febreiro de 2017

A ARROAZ ELISA E AS AMEIXAS



A nosa arroaz Elisa probando ameixas. Canto lle gustan! 
Que vos parecen as nosas ameixas de cores? A que quedaron simpáticas?

A receita de Elisa: vieiras á galega. Vaia pintaza!


xoves, 19 de xaneiro de 2017

O ARROAZ LOIS

Aquí temos outro arroaz máis comendo PANGA e tronco de nadal recheo de SURIMI e GAMBAS! A familia de Lois mandounos a receita do polbo á feira con patacas que ten unha pinta boísima! Temos que conseguir que nos diga a receita do tronco de nadal para preparalo a vindeira noiteboa!😉




luns, 16 de xaneiro de 2017

O ARROAZ BREIXO

Lembrades do que nos dicían Os Arroases da importancia de incorporar á nosa dieta os produtos do mar para estar sans e fortes? Pois os nenos e nenas da Escola de Ribadumia estanse convertindo nuns verdadeiros arroases! Comezamos con Breixo! 
Breixo mandounos unha foto comendo o bacallau ao forno que prepararon na súa casa. Se queredes probar a facelo na vosa, tamén nos trouxo a receita. Que pinta máis boa, Breixo!!





martes, 8 de novembro de 2016

OBRADOIRO DOS SENTIDOS: O GUSTO


Hoxe na biblioteca falamos dos sentidos e fixemos un obradoiro relacionado co sentido do gusto. Logo de ver o vídeo probamos alimentos dos catro sabores e tiñamos que adiviñar a través do sentido do gusto que alimento era e que sabor tiña. Probamos pepino e chocolate amargos, limón e pomelo ácidos, gusanitos, queixo, olivas e galletiñas salgadas e rematamos con chuches e millo doce. Ao final o mural da lingua e dos sabores quedou completo. Seguro que vós adiviñades á primeira que sabor foi o que máis nos gustou!