Hoxe fomos visitar o CPI Julia Becerra Malvar, onde o vindeiro mes de setembro as nosas compañeiras maiores comezarán Primaria. Chegamos no autobús e xa nos estaban agardando! Visitamos a biblioteca, o pavillón onde faremos Educación Física, a aula de Música, o galiñeiro e a horta... Compartimos merenda e saudamos os nosos compañeiros e compañeiras que xa están en primeiro. Cantas emocións! Moitas grazas por convidarnos!
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
mércores, 27 de maio de 2026
mércores, 28 de maio de 2025
martes, 11 de xuño de 2024
CONVIVENCIA CRA DE RIBADUMIA - CPI JULIA BECERRA MALVAR
Hoxe os de cinco anos fomos de convivencia ao CPI Julia Becerra Malvar. Coñecimos as instalacións, as profes que nos darán clase o vindeiro curso, os compañeiros e compañeiras cos que compartiremos clase... Unha xornada cunha misión: conseguir as chaves que abrían os cadeados de cores que pechaban unha caixa enorme. Tivemos que superar moitas probas en equipo ao longo da mañá pero acabamos abrindo a caixa! O camiño a Primaria xa comezou! Moitas grazas a todas as profes que organizaron a convivencia. Pasámolo moi ben! Vémonos en setembro!
martes, 6 de xuño de 2023
CONVIVENCIA CRA-CPI 2023
Hoxe subimos ao autobús con destino ao CPI Julia Becerra Malvar. Alí coñecimos os nosos futuros amigos de Primaria, fixemos unha visita guiada polo centro, saudamos con emoción antigos compañeiros, rimos, xogamos, cantamos e gozamos dunha xornada moi divertida de convivencia. Moitas grazas polo recibimento e polo agarimo con que nos tratastes. Vémonos en setembro!

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

































