Hoxe o obradoiro levounos a traballar o sentido da vista. Logo de ver o vídeo fixemos varios xogos: de memoria visual, con lentes de aumento, de empregar o sentido do tacto cando nos falta a vista para recoñecer un compañeiro, xogos de sombras, con lanternas...

Imaxe: Ricardo Liniers Siri
martes, 29 de novembro de 2016
xoves, 24 de novembro de 2016
MALVADOS E MALVADAS DOS CONTOS
Seguimos na procura dos máis malvados e das máis malvadas dos contos: lobos, madrastras, monstros, piratas...
EXPERIMENTO: UN OVO EN VINAGRE
E o segundo día...comprobamos que a cáscara desapareceu e o ovo parece de goma, mesmo pode botar coma unha pelota! Logo comparámolo con outro ovo moi pequerrecho que trouxo a profe María e que pensamos que era de mentira. Houbo que comprobar que era de verdade abríndoo.
9 días máis tarde...
AS BATEAS DA RÍA DE AROUSA
Hoxe aprendimos un montón sobre as bateas da nosa Ría de Arousa: como se fabrican, para que serven, que hai debaixo dunha batea... Mirade os vídeos se queredes aprender con nós.
Enlace con fotos: Así se constrúe unha batea.
martes, 22 de novembro de 2016
UN CAMIÑO CHEO DE SENTIDOS
Un camiño cheo de sentidos é o que acaban de facer dous homes brasileiros, un deles cego. O guía fixo de ollos para o seu compañeiro cego, que percibía polo oído, polo tacto e polo olfacto información que lle transmitía ao primeiro e que de facer o camiño só, nin se decataría.
Na Voz de Galicia podedes ler toda a noticia e no vídeo coñecer aos protagonistas desta historia do Camiño de Santiago.
OBRADOIRO DOS SENTIDOS: O TACTO
Despois de ver o vídeo, experimentamos co noso tacto. As plumas do plumeiro fixéronnos cóxegas, a pelota saltarina era suave pero a de golf era rugosa. Os máis valientes meteron a man na caixa de Que será, será... e tentaron adiviñar tocando que había dentro.
luns, 21 de novembro de 2016
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DO CONCELLO DE RIBADUMIA
Un ano máis o Concello de Ribadumia convoca o Concurso de Postais de Nadal e nós tamén participamos coas nosas propostas.
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
Hoxe reflexionamos sobre os Dereitos dos nenos e das nenas: dereito á vivenda, á educación, a ter unha familia, a non pasar fame, a vivir en paz... Na nosa biblioteca temos unha colección de dez contos e cada un centra a súa historia nun dereito. En O neno sen nome, coñecimos a Uxío, un meniño que logo dun accidente perdeu a memoria e non sabía o seu nome, nin de onde viña, nin onde estaba a súa familia.O dereito a ter un nome e unha nacionalidade é un dos Dereitos de todos os nenos e nenas.
venres, 18 de novembro de 2016
A DE AUGA
Plin Plin Plin Pinga!
Plin Plin Plin Chove!
Xoán Babarro e Ana María Fernández cántanlle á choiva no A de Auga e nós fixemos un parauguiñas cunha parte do poema.
xoves, 17 de novembro de 2016
martes, 15 de novembro de 2016
OBRADOIRO DOS SENTIDOS: O OLFACTO
Continuamos cos obradoiros relacionados cos sentidos, desta volta co sentido do olfacto. Despois de ver o vídeo, e cos ollos pechados, tentamos adiviñar que alimento contiñan os botes que nos poñía diante o compañeiro empregando unicamente o sentido do olfacto.
Despois por parellas fomos preguntándonos se nos gustaba ou non o cheiro do chourizo, da cebola... e apuntámolo no cadro.
E tamén fixemos un colar aromático de eucalipto coa axuda da profe Ana!
E mirade que máquina máxica que aromatiza o que lle metes dentro. Probamos con corazóns de fieltro e repartímolo para todos!
Un libro que cheira!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)