Hoxe acompañamos o noso amigo Dani nas súas 5 voltas ao redor do sol. Moitos parabéns, Dani! Canto medraches!
Aula de Ribadumia B
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
xoves, 12 de novembro de 2026
mércores, 11 de novembro de 2026
LA IDEA MÁS MARAVILLOSA
Zapatocas agardábanos coa historia dunha nena que quería facer un invento moi especial. Non lle saíu á primeira, nin á segunda, nin tampouco á terceira! Pero ela tiña na súa cabeza a idea máis marabillosa e ata que conseguiu plasmala, non parou. E ti, que idea marabillosa tes na túa cabeza?
domingo, 8 de novembro de 2026
UNHA ARAÑA
venres, 6 de novembro de 2026
OS NOSOS XOGOS E CONTOS PREFERIDOS
A primeira misión dos Crononautas era buscar os nosos xogos e contos preferidos. Ao longo da semana foron aparecendo xogos e xoguetes, contos e lecturas escollidas con moito agarimo nas nosas casas para compartir na aula cos nosos compañeiros e compañeiras. Moitas grazas, familias! Sodes as mellores!
xoves, 5 de novembro de 2026
martes, 3 de novembro de 2026
A ARAÑA PETRA
Petra é unha araña que está farta de que lle rompan as arañeiras que tece. Non está disposta a que lle volva a ocurrir. Que pode facer? Acompañamos a Zapatocas na historia de Petra...













.png)

.png)





















