Do 2 ao 24 de marzo podedes visitar, no Pazo da Cultura de Pontevedra, o XIV SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA. O tema deste ano: A TODA MÁQUINA! Picade aquí para ver todas as actividades: contacontos, teatros, concertos... que se van organizar (día, hora e breve explicación da actividade).

Imaxe: Ricardo Liniers Siri
xoves, 28 de febreiro de 2013
mércores, 27 de febreiro de 2013
CAMELIAS PARA ROSALÍA

Xa dentro escoitamos a Amancio Prada cantar ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES e unha Alborada que lle tocaron os gaiteiros a Rosalía na Illa de Arousa o pasado domingo. Se queredes escoitalas outra vez, aquí tedes os vídeos e atentos porque... Profe, profe, está Rosalía no bombo!!
martes, 26 de febreiro de 2013
AXUDAMOS!!
A partir de hoxe imos colaborar na recollida de tapóns para que un meniño, amigo dun antigo alumno do noso cole, poida conseguir o andador que necesita. No cole de Leiro estará a caixa onde podemos botar todos os que vaiamos recollendo nas nosas casas.
Na listaxe de abaixo podedes comprobar que tipo de tapóns serven, por se houbese algunha dúbida. Ou picando aquí.
LISTADO ACTUALIZADO A 3 DE OCTUBRE DE 2.012 DE ACUERDO A CRITERIOS MAS RESTRICTIVOS DE LAS FABRICAS DE RECICLAJE POR LOS CUALES SOLAMENTE SE ADMITEN TAPAS Y TAPONES, NUNCA ENVASES:
1- Tapones de botellines de agua, Coca-Cola, refrescos...
2- Tapones de detergentes tipo Norit.
3- Pistolas de limpiadores tipo KH-7, Cristasol.(siempre que se retiren los muelles y partes de metal)
4- Tapones de limpiadores tipo Pronto.
5- Boquillas de productores que se pulverizan del tipo Toke.
6- Boquillas tipo sifón de Mistol Concentrado.
7- Tapas de queso fundido tipo Filadelfia (si llevan la pegatina retirada)
8- Tapas de plástico de botes de pintura para pintar paredes.
9- Tapas de plástico de botes de suplementos para culturistas tipo Nitro-Tech.(sin pegatinas)
10- Tapones de los dispensadores Ketchup y Mahonesa de las que se utilizan en hamburgueserías.
11- Tapones de pastas de dientes.
12- Tapones de desodorantes de roll on tipo Dove.
13- Tapas de Coca-Cola y refrescos que se utilizan en los Burger King y Mc Donalds para tapar los vasos de esas bebidas.
14- Tapas de tuppers para llevar comida.
15- Tapón de tetra-briks de leche y también la boquilla siempre que no tenga restos de carton del brik.
16- Tapa de los polvos de talco.
17- Tapa de la cajas de chicles Orbit.
18- Tapa de cajas del tipo de toallitas Dodot.
19- Tapa de los pintalabios.
20- Tapas de botes del tipo Eko, Nescafé, Cola Cao, Nesquik.
21- Tapones de bolis Bic y Rotuladores.
22- Tapas de recipientes tipo Queso Burgo de Arias.
23- Pegamento de barra tipo Pritt
24- Vasitos dosificadores de medicamentos
25- Tapones de los bolis de insulina para diabéticos.
26- Tapas de leches infantiles tipo Milupa.
27- Tapas de potitos "cocina mediterranea" de Hero Baby
28- Tapas de frutas Naturness de Nestle.
29- Las cápsulas de tapar las jeringas.
30- Las tapas de los chupetes que se utilizan para que no se manchen.
31- Las tapas de los regalices tipo Zara.
32- La tapa del envase de mascarilla de Delyplus.
33- La tapa de los tapers para llevar comida de los chinos.
34- Tapones de bombonas de butano.
35- Tapones de suavizantes.
36- Tapones de los botes de espuma para el pelo.
37- Tapones de las gominas del pelo.
38- Tapones de los botes de espuma de afeitar tapones.
39- Tapones de champús y geles de baño.
40- Tapones de las cremas hidratantes.
41- Tapones de los enjuagues bucales.
42- Tapones de los botes de nata en spray.
43- las tapas de los botes de especias.
44- Tapas de los recipientes en los que reciben las chuches al por mayor las tiendas.
45- Tapa, rosca y tapa grande los biberones.
46- Capuchas de cepillos de dientes.
47- Los recipientes similares a los de los huevos Kinder en los que se guardan los guantes de los tintes de pelo.
48- Tapas que utilizan algunos pendrive.
49- Tapas de pates La Piara.
50- Tapas de membrillo tipo Don Quijote.
51- Tapones de cremas solares
52- Tapones de botellas de aceite de oliva, girasol...
53- Tapones de botellones de aceite de coche tipo Repsol
HOXE MERENDAMOS...ROLO VEXETAL!

luns, 25 de febreiro de 2013
O PELELLIÑO PALLASO
Un novo Pelelliño de Anxo Fariña veu visitarnos ao cole: PELELLIÑO PALLASO. Canto rimos coas aventuras dos Pelelliños no circo: pallasos que se tiran pasteis, leóns que quedan durmidos e elefantes que limpan todo coa axuda da súa trompa. Benvidos ao circo dos...PELELLIÑOS!!!!
domingo, 24 de febreiro de 2013
24 DE FEBREIRO: ALBORADA PARA ROSALÍA DE CASTRO
Hoxe, 24 de febreiro, grupos de gaiteiros de toda Galicia están chamados para dar unha Alborada de gloria a Rosalía de Castro no aniversario do seu nacemento. Na prensa recóllese este chamamento en diferentes artigos e na páxina http://rosaliadecastro.org/ podemos atopar toda a información: manifesto, letra e partitura da Alborada, a súa historia...
martes, 19 de febreiro de 2013
O CAMALEÓN DE TONI
Hoxe Toni trouxo a mochila viaxeira de volta á biblioteca de Leiro e traía unha sorpresa para amosarnos: un CAMALEÓN!!. Fíxoo na casa cunha pinza da roupa, pinturas, papel e plastilina a partir dunha idea que viña nun dos moitos libros que van na mochila: JUGANDO CON PINZAS.
Moitas grazas a Toni e á súa familia por compartilo con nós. Quedouvos precioso!!
WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ
Na biblioteca de Leiro agardábanos un conto moi especial: WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ. Unha historia de esperanza desde KENIA na que as árbores e as mulleres cobran protagonismo desde a primeira páxina. WANGARI MAATHAI recibiu o Premio Nobel da Paz no ano 2004.
Picade no título se queredes ler o conto. A nós gustounos moito!
Máis información sobre a Premio Nobel da Paz, WANGARI MAATHAI.
venres, 15 de febreiro de 2013
JUANITA VÉN XOGAR CON NÓS: FOTOGRAFÍA DE CHEMA MADOZ
Hoxe, á volta do patio, pareceunos escoitar un ruido que viña da zon a da biblioteca. A profe mirou e agachadiña nunha bolsa estaba...JUANITA!! Canto tempo desde a súa última visita! Que ganas tiñamos de vela. Como xa sabíamos que para xogar con ela había que respectar as normas de xogar a pensar, axiña as lembramos: sentar en círculo, escoitar, falar, erguer a man para falar, pensar coa cabeciña, respectar aos demais e pasalo ben.
Démonos a man para facer unha roda, sentamos en círculo e Iria lembrounos que mellor poñer as pernas como o Escriba sentado, para así estar máis cómodos. Juanita estaba preparada para amosarnos o que nos trouxera na súa bolsa. Que é? Unha foto!
A profe preguntounos: que aparece na foto?
Varios: Unha pipa!!
Ar: Unha pipa. Unha pipa do Apalpador!!
Ne (repite): Unha pipa do Apalpador!
Prof: Ímola mirar un pouco mellor, a ver que vos parece.
Ar: Me parece un tobogán.
F: Es una pipa, eh?
Ar: Un tobogán
Ar: Un tobogán
F: No, porque arriba no se puede entrar.
Varios: Unha pipa.
Prof: Seguro? Ad., que é isto?
Ad: UNha pipa do Apalpador.
Prof: Que será, Jo.?
Jo: Unha pipa do Apalpador.
Prof: Agora ímonos fixar outra vez porque esta pipa ten algo por aquí, por aquí arriba. A ver que ten...Que ten por aquí arriba?
Ar: Ten un pao de pipa.
W: Tiene unos agujeritos.
Prof: A ver, escoitamos o que dixo W., que ve el por aquí arriba?
Varios: Agujeritos!
Prof: E as pipas que vós coñecedes teñen buratiños?
Varios: Siii
Prof: Si? Teñen buratos?
J: Ten agujeros, como as flautas.
F: Una flauta-pipa!
Ar: É unha flauta-pipa!!
Prof: Primeiro dixemos que era unha pipa, unha pipa do Apalpador. Pero despois W. dixo que tiña buratiños e entón cos buratiños J. dixo que parecía unha frauta. E logo F. dixo que era unha frauta-pipa.
F: Una flauta-pipa es que se parece a una flauta y a una pipa.
Prof: E para que serve unha frauta-pipa?
Ar: É para poñer esta punta na boca (sinala a boquilla).
Prof: E que fas con ela?
Ar: Pois soplo e faise unha pompa e despois baixa por aquí e convértese e saen nubes. (polo burato grande)
Prof: Como funciona esta pipa?
F: Yo creo que es una flauta-pipa. Yo creo que si soplas por aquí (sinala a boquilla) sale música y por aquí (burato grande) sale la música y le pones los dedos por los agujeros.
Prof: Ahhh, sae música...
To: Soplo "tititi" y sube así.
Prof: S., para que serve?
S: No sé.
L: Parece una carretera.
Prof: Como funciona, At.?
At: No sé
W: Va por aquí (por arriba) una nube azul y sale por aquí (por abajo)
Prof: Dixéchedes que era unha frauta-pipa. Cando sopramos unha frauta, que sae?
Varios: Música!!
Prof: E desta frauta-pipa sairá música?
Varios: Siiii.
Prof: Que música? A ver, escoitade a ver se sae. Escoitade... (Todos calan e escoitan) Sae música?
Varios: Siii.
Prof: E que música?
Ar: Eu non escoitei nada.
Prof: A ver, escoitade. Que música sae, To.?
To: Tututu (poñendo as mans coma se tocase unha frauta).
Prof: Imos pechar os ollos para escoitar mellor a música. A ver, To., como fai?
To: Tututu, tututu
Prof: Iri, Jo., como fai?
Iri: Mmmmmm
J: Tututuuuu
Prof: Que ben soa! Imos tocar todos a ver como soa a nosa música.
Todos tocamos, cada un ao seu xeito, e soa ben!: Mmmmm, tutututu, titititi...
Prof: Que ben soa a frauta-pipa! De quen será??
Todos: Do Apalpador!!!! (E póñense todos a chillar cada vez máis alto)
Prof: Ohhh, non podemos chillar así, que Juanita se asusta!!
W: Lo siento, Juanita...!
Varios: Perdona, Juanita, perdona.
(O ton de voz volta á normalidade)
Prof: Alguén de vós ten unha frauta-pipa na súa casa?
Varios: Nooooon
Prof: E unha pipa?
Varios: Nooooon
Prof: E unha frauta?
Varios: Yo si!
To: Papi sí.
O diálogo remata e Juanita quere saber se nos gustou o que nos trouxo para xogar a pensar. Ten un cartel con cariñas e vainos ir chamando de un en un para que toquemos a cariña vermella se non nos gustou nada o que fixemos. A cariña verde se nos gustou regulín-regulete e a cariña amarela se nos gustou moito.
Ar: A amarela, a amarela!!!
A profe pega o cartel na pizarra, Juanita vai chamando e de 19 que estamos hoxe, a 4 non lles gustou o que fixemos, a 1 regular e a 14 gustoulles moito.
Despedímonos de Juanita cunha chea de bicos voadores ata a seguinte visita. Chao Juanita e grazas por vir xogar con nós!!
xoves, 14 de febreiro de 2013
MARILUZ AVESTRUZ
O NOSO RECUNCHO DE KENIA MEDRA
Pouco a pouco van chegando ao cole libros, atlas, peluches, información de internet, fotos... para ir argallando o RECUNCHO DE KENIA. Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración.
sábado, 9 de febreiro de 2013
FESTA DE ENTROIDO

xoves, 7 de febreiro de 2013
XOVES: UN BIGOTE PINTADO
mércores, 6 de febreiro de 2013
EL SUEÑO DE DALÍ
Xa sabemos máis cousiñas de DALÍ. Naceu en Figueras (Barcelona) o 11 de maio de 1904. Era catalán. Falamos do día que nacemos cada un, que é o día do noso cumple e de que nós somos galegos porque nacemos en Galicia. A Dalí gustáballe moito pintar soños. Mirade este vídeo, que nos gustou moito: El sueño de Dalí.
HAY CASAS
"Hai casas pequenas pero co corazón grande,... hai casas que convidan a entrar,... hai casas rodantes inquedas e cheas de liberdade...pero como a miña casa ningunha!". Hoxe no cole contamos e miramos este fermoso album para rematar falando das nosas casas: onde están, se son grandes ou pequenas, se teñen ou non xardín, que vemos desde a ventá... Hay casas.
MÉRCORES: UNLLAS PINTADAS
A ver se sabedes de quen son estas manciñas coas unllas pintadas de cores! Cada día vimos máis guapos!!
martes, 5 de febreiro de 2013
PEQUEÑA MASAI


COÑECENDO A SALVADOR DALÍ
MARTES: UNHA FLOR NA ROUPA
Flores de todos os tamaños e cores encheron a nosa escola hoxe: naturais, de plástico, de papel, tecidas... cosidas ou pegadas. Calquera tipo valía. Mañán engadimos as unllas pintadas!
LIBRO DOS DISFRACES
Cun catálogo de disfraces (custou atopalo, que coa crise xa non os fan) e as nosas fotos, eliximos cada un o disfrace que máis nos gustou e a profe disfrazounos para facer un libro. A nós gustounos moito, é moi divertido!! A ver se nos coñecedes!
luns, 4 de febreiro de 2013
LUNS: ALGO NA CABEZA
Cabelo de pallaso, orellas de reno, rastas, sombreiro de equitación, antenas, plumas de india, corniños de demo...calquera cousa nos valeu hoxe para botar unhas risas mirándonos uns aos outros e a algún para perder a vergoña que lle daba poñer o seu adobío. Ata o sol saíu para ver o guapos que estabamos. Benvido Entroido!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)