O vindeiro 13 de outubro participaremos un ano máis na carreira solidaria La vuelta al cole. Queredes saber algo máis desta carreira?
O vindeiro 13 de outubro participaremos un ano máis na carreira solidaria La vuelta al cole. Queredes saber algo máis desta carreira?
O Samaín tráenos historias de casas encantadas habitadas por pantasmas. Son pantasmas simpáticos que fan moitas travesuras e ademais non teñen moita idea do que é comer saudable. Por iso quedamos sorprendidos de que a receita do obradoiro de cociña en familia desta fin de semana estivese chea de chuches. Ai, ai, ai...!! Supoño que terán un bo cepillo de dentes para despois desta receita!!
![]() |
| Lucía e a súa casa encantada |
![]() |
| Paula e a súa irmá Aroa coas súas casas encantadas |
![]() |
| Carmen e a súa casa encantada |
![]() |
| Lía e a súa casa encantada |
![]() |
| Eric e a súa casa encantada |
O conto que nos tiña preparado Zapatocas era... Biscoito de castañas! Unha bruxa que non era tal e un misterio: quen levou as castañas do souto? Despois de resolvelo, a bisa ten a merenda perfecta: un biscoito de castañas!
Este ano chegou o Rato Pérez ben cedo a Ribadumia B. Parabéns, Carmen e Rodrigo! A seguir coidando moi ben os dentes!
Zapatocas agardaba coa historia dunha pequena landra que foi caer ao chan unha tarde de outono e comezou así a súa aventura para converterse nun carballo. Moitas grazas, Zapatocas! Encantounos!
![]() |
| Picade na imaxe para ir ao conto |
E aproveitando que no patio de Leiro hai un carballo, fomos visitalo, coller landras e follas e descubrir pequenos carballiños ao seu pé.
Despois de ir polas espigas á finca de Nieves era o momento de debullalas. Puxémonos mans á obra e enchimos unha bolsa de millo que volveu á súa orixe para que comeran as galiñas. Canto traballamos!
Comezamos o noso obradoiro de cociña de fin de semana en familia cunha receita ben saborosa: a bolboreta de uvas. Moitas grazas a todas por participar! Chegaron voando!
![]() |
| Eric e a súa bolboreta de uvas |
![]() |
| Paula e a súa irmá Aroa coa bolboreta de uvas |
![]() |
| Dani e a súa bolboreta de uvas |
![]() |
| Rodrigo e a súa bolboreta de uvas |
![]() |
| Lía e a súa bolboreta de uvas |
![]() |
| Gael e a súa bolboreta de uvas |
![]() |
| Carmen e a súa bolboreta de uvas |
Hoxe celebramos o cambio de estación visitando a finca de Nieves, a avoa de Rodrigo. Alí atopamos verdadeiros tesouros: millo, cabazas, xirasois, noces, limóns...Moitas grazas unha vez máis a Nieves polo seu agarimo. Canto aprendimos e que maneira tan xenial de darlle a benvida ao outono!