Picade na imaxe para ver o menú en grande |
Hoxe Alicia fixo 5 anos e nós cantámoslle e acompañámola nas súas 5 voltas ao redor do sol. Parabéns, Alicia!
Se queredes desfrutar do saboroso bocata MEGA-KETCHUP, Xulia déixanos a súa receita. Bo proveito, amantes dos bocatas de peixe en conserva!
Se queredes desfrutar do saboroso bocata VEXETAIS, Mateo déixanos a súa receita. Bo proveito, amantes dos bocatas de peixe en conserva!
Se queredes desfrutar do saboroso bocata MANOLITO, Manuel déixanos a súa receita. Bo proveito, amantes dos bocatas de peixe en conserva!
Se queredes desfrutar do saboroso bocata BARCO CON LEITUGA, Marta déixanos a súa receita. Bo proveito, amantes dos bocatas de peixe en conserva!
Se queredes desfrutar do saboroso bocata CAPITÁN MAN, Martín déixanos a súa receita. Bo proveito, amantes dos bocatas de peixe en conserva!
Se queredes desfrutar do saboroso bocata OLET, Sofía déixanos a súa receita. Bo proveito, amantes dos bocatas de peixe en conserva!
Se queredes desfrutar do saboroso bocata , Diana déixanos a súa receita. Bo proveito, amantes dos bocatas de peixe en conserva!
Se queredes desfrutar do saboroso bocata IANMO, Adriana déixanos a súa receita. Bo proveito, amantes dos bocatas de peixe en conserva!
Se queredes desfrutar do saboroso bocata PIKOL, Juan e Luciana déixannos a súa receita. Bo proveito, amantes dos bocatas de peixe en conserva!
Se queredes desfrutar do saboroso bocata ÑAM, ÑAM, Alicia déixanos a súa receita. Bo proveito, amantes dos bocatas de peixe en conserva!
Achégase o mes de xuño e xa estamos preparando as portadas para levar os traballos do terceiro trimestre.
Hoxe visitáronnos os científicos do novo obradoiro Fai clic ao teu Bocata do Plan Proxecta Aliméntate Ben para compartir con nós os seus descubrimentos no laboratorio de bocatas. Con Mar e Roi coñecimos moitos peixes diferentes, cal é a forma de pescalos e como os meten en latas de conserva para despois poder consumilos. E para merendar, como non podía ser doutra maneira, bocata de lata!
O Calendario de Arte do curso 2021-22 que estamos facendo tráenos 12 cadros de Frida Kahlo no que aparece coas súas mascotas: monos araña, loros, cans, gatos... A Frida encantáballe estar rodeada de animais!
![]() |
Mural da biblioteca feito polos nenos e nenas da aula de Leiro |
Xela Arias tivo un meniño ao que lle puxo de nome Darío. Escribiulle un poemario cheo de palabras fermosas e agarimosas como só unha nai poeta pode facelo. Limos un dos poemas, o que elixiron os Bolechas como fío condutor do libro co que homenaxean a Xela Arias este 2021 polo Día das Letras Galegas. E falamos de bebés: como son, que coidados necesitan, que lles gusta... Temos varios expertos na nosa aula que nos puxeron ao día neste tema!