A
Consellería de Sanidade presenta o portal web “Xanela aberta á familia” e a
guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”.
“Xanela aberta á familia” é unha iniciativa para a
promoción da saúde infantil con información útil para pediatras, docentes e
familias. O seu desenvolvemento está enmarcado dentro do proxecto Riscar, no
cal colaboran as administracións competentes de Portugal, Galicia, Castela
e León, Extremadura e Andalucía. Inclúe información sobre a alimentación
saudable, a actividade física, a saúde e o benestar emocional. A información
deste portal organízase ao redor de cada unha das etapas da crianza, desde o
embarazo ata a adolescencia e caracterízase por incluír ademáis dos aspectos
estritamente informativos, consellos, pautas de actuación e suxestións.
Nesta web, dentro do apartado
de alimentación saudable pódese consultar a guía de alimentación “O ABC do
consello alimentario na infancia”. Esta guía achega información, ideas e
estratexias para acadar un axeitado patrón alimentario tanto no ámbito familiar
como nos centros educativos. As recomendacións foron moduladas segundo os
condicionantes do feito alimentario, en forma de connotacións sociais,
culturais e fisiolóxicas. Consta de distintas seccións nas que ofrece información
sobre a composición nutricional dos alimentos, a súa conservación e as
distintas elaboracións. Inclúe tamén consellos para facer unha compra saudable
e distintas receitas para todas as comidas do día co fin de facilitar a tarefa
cotiá de elixir, mercar e preparar alimentos.
Para máis información, picade nos enlaces:
Guía O ABC do consello alimentario da infancia
Ningún comentario:
Publicar un comentario