Dicía a mensaxe de Margarita Engle para o cartaz do Día Internacional do Libro Infantil que "cando compartimos palabras, as nosas voces vólvense música do futuro, paz, alegría e amizade, unha melodía de esperanza".
Ao peizoque Roque encántalle aprender palabras novas e nós decidimos agasallarlle as 13 palabras que máis nos gustan: o Mar de Martín, o Ceo de Marta, o Elefante de Carla, a Aperta de Manuel, a Flor de Adriana, o Trapalleiro de Alicia, o Orballo de Alexandre, a Bailarina de Luciana, o Trono de Juan, o Pitiño de Sofía, o Aprender de Diana, o Roqueiro de Mateo e a Laranxa de Xulia.
Imaxinade o peizoque Roque chegando ao niño pola noite e compartindo as palabras cos seus irmáns antes de durmir... Felices sonos apalabrados, peizoquiños!
Ningún comentario:
Publicar un comentario