Hoxe aprendimos a enfiar os pampullos, flores típicas do maio, para facer cadenetas. Como dixo Xulia: "esto es igual que coser flores" Con moito coidado, un a un, sen rompelos, poñendo os cinco sentidos, algo de paciencia e unha axudiña da profe Ángeles, conseguimos facelas. Adobiamos o cabelo como Frida Kahlo e marchamos para á casa floridos e fermosos. Xa chega o maio e hai que darlle a benvida!
Se ides pasear e vedes un campo todo "amarillo, como si el sol estuviera allí acostado" como nos dixo Carla, acabades de atopar unha chea pampullos. Non os confundades co "diente de león", en galego leitarugas ou mexacán. Son tamén amarelas pero son plantas diferentes.
Picade na imaxe para saber máis e despois no documento |
Leitaruga, mexacán, "diente de león" |
Ningún comentario:
Publicar un comentario