A FESTA DOS MAIOS
Remata o mes de abril e dámoslle a benvida ao maio con flores, cancións e merenda ao aire libre. A celebración dos Maios é unha festa tradicional que se vén celebrando hai moitos anos na nosa contorna. Neste vídeo vimos fotos de antigas celebracións e escoitamos a Luis Emilio Batallán poñéndolle voz e música ao poema de Curros Enríquez.Se facedes algo nas vosas casas para darlle a benvida ao maio e queredes compartir as fotos con nós, mandádeas ao noso correo electrónico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario