Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 20 de abril de 2021

COMPARTINDO EXPERIENCIAS




Os nenos e nenas da aula de Leiro fixeron dous descubrimentos no seu patio: un formigueiro e unha planta coa que facer un ramiño. Compartírono con nós e aproveitando que hoxe non choveu fomos coñecer o traballo das formigas. Levámoslles unhas miguiñas dun bocata e axiña as foron carrexar dentro do formigueiro. Non paraban de entrar e saír! Despois fomos apañar as plantas para o ramiño e polo camiño atopamos dous tipos diferentes de trevos: uns con debuxos verdes e outros con corazóns vermellos. 

Os ramiños fixémolos con tremedeiras, tamén coñecidas con outros nomes: bailarina, pendientes, corazoncillo... Diana díxonos que ela lles chamaba "lágrimas de cocodrilo". Neste enlace tedes máis información.




Ningún comentario:

Publicar un comentario