Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 5 de maio de 2020

O XARDÍN DE MIRÓ

Sabedes que Joan Miró ten un cadro que se titula O xardín?


No xardín de Miró hai flores pero tamén animais, estrelas... Mirade no vídeo o xardín animado para ver os personaxes que van aparecendo ata completar a escena. Hai paxaros, vermes... Cando paseamos polo campo tamén atopamos animaliños. Lembrades cando aparecen caracois no patio do cole? Aquelo parece unha festa! Se nos vosos paseos atopades algún animaliño curioso podedes mandar foto (caracois, xoaniñas, bolboretas, vermes, paxaros...)





Martín atopou ovellas nun dos
seus paseos

Vaia tesouro atopou Martín!
Un niño nunha parra de viño!


Martín foi de paseo e atopou unha xoaniña!


E falando de flores, lembrades a proposta de facerlle fotos ás flores que atopásemos nos nosos paseos? Pois Marta encontrou unha chea delas! Mirade cantas! A ver se entre todos averiguamos como se chama cada unha delas. Hai 12 e están numeradas. Podedes mandar as vosas respostas nun correo indicando o número da flor e o nome. E se atopades outras diferentes, mandade foto!

As flores que atopou Marta

no seu paseo

1  2
3  4

As flores que atopou Marta
no seu paseo

5   6
7    8

As flores que atopou Marta
no seu paseo

9  10
11   12

Ningún comentario:

Publicar un comentario