Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 7 de maio de 2020

A INICIAL DO MEU NOME

Hoxe imos xogar coa inicial do noso nome e imos transformala como faría Joan Miró se a escribise el. O primeiro que temos que facer é escribir o noso nome completo e identificar a primeira letra, a inicial. Cando a teñamos localizada, buscámola nas letras que aparecen aquí debaixo, picamos nela e...tacháááááán: aparece a letra como a faría Joan Miró! (O alfabeto foi deseñado polo deseñador gráfico Tano Verón).
Collemos un papel e tentamos debuxala nós (non é preciso que quede igual, nós podemos darlle o noso toque creativo simplificando, engadindo...) Despois escribimos máis iniciais de cores ao redor para que quede máis bonito. E agora toca sacar a lupa porque temos que buscar pola casa 5 obxectos que comecen pola nosa inicial e poñelos ao redor do noso deseño. Os maiores podedes facer carteis cos nomes dos obxectos. Non esquezades mandar unha foto para compartir e aprender entre todos!










A de ADRIANA e de AGULLA, AZUL, AFIALAPIS

ALUMINIO e AUTOBÚS

D de DANA e de DICIONARIO, DVD, DADO
DRAGÓN e DELANTAL

M de MARTA e de MANDO, MARTELO,
MAPA, MOEDA e MONO

Ningún comentario:

Publicar un comentario