Ola comefroitas! Como van os vosos álbumes? Estades apuntando na casa as froitas que ides comendo cada día? Marcos, da escola de Leiro, completou o mes de abril e mandou unha foto do seu álbum que podedes ver aquí.
Hoxe imos coñecer as froitas de tempada do mes de maio. Preparados? Temos novidades!
|
ALBARICOQUE |
|
MELOCOTÓN |
|
NECTARINA |
|
CEREIXAS |
|
AMORODOS |
|
PLÁTANO |
|
NÉSPERAS |
E para inaugurar os Comefroitas divertidos deste mes, déixovos o que fixen eu na casa onte con dúas froitas de tempada e as sementes dunha delas. Adiviñades cales son?
E como aquí aproveitamos todo, despois de comer o Comefroitas, preparamos as sementes para facelas xerminar. Queredes saber como? Pois picade na imaxe!
Chéganos o Álbum dos Comefroitas de Martín co mes de abril completo. Estes días está comendo moita froita e gústalle tanto que di que lle sabe a chuches. Xenial, Martín!
|
O Comefroitas de Martín do mes de abril completo! Bravo, Martín! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario