Onte deberiamos de estar celebrando a festa dos Maios no CRA en familia, coma todos os anos. Non puido ser pero quixemos manter a tradición propoñendo facelo desde a casa. As fotos foron chegando ao longo da semana e tamén algunha copla ben bonita. Se aínda non tivéchedes un ratiño para facelo, sempre estades a tempo. Agora que podemos saír pasear imos atopar unha chea de flores celebrando a chegada da primavera en todos os recunchos. Se esta fin de semana saídes e atopades flores, facédelle fotos e mandádeas, a ver cantas diferentes logramos conseguir entre todos. Tamén valen se as tedes nos xardíns das vosas casas.
![]() |
| Dana e Adriana coas fiestras engalanadas de flores |
![]() |
| Flores de papel de Adriana e Dana |
![]() |
| Flores recicladas de Dana e Adriana |
![]() |
| "30 de abril, primeiro de maio, entre o bo e saia o malo" Casa de Adriana e Dana |
![]() |
| "30 de abril, primeiro de maio, entre o bo e saia o malo" Casa de Adriana e Dana |
![]() |
| Dana e Adriana coas cadenetas de pampullos |
![]() |
| Este é o noso maio parece un floreiro pero para min o mellor do mundo enteiro. Plas, plas, plas, plas, plas, plas, plas O maio de Marta e a súa copla son xeniais! |
![]() |
| Joel fixo moitas cadenetas de pampullos para celebrar Os Maios. Estás fantástico, Joel! |
![]() |
| Lucía e Breixo tamén quixeron ensinarnos o seu maio Está precioso! |
![]() |
| Lía engadiu dúas estrofas máis á cantiga dos Maios! |
![]() |
| Flores recicladas para adornar as xanelas de Lía |
![]() |
| Unha vista preciosa desde a casa de Lía celebrando os Maios |












Ningún comentario:
Publicar un comentario