Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 2 de abril de 2020

UN XARDÍN NA CASA

Polas noticias que van chegando, sabemos que moitos tedes xardín e horta nas vosas casas. Pero...que podemos facer se vivimos nun piso? Pois hoxe imos propoñer ideas para ter un xardín vivamos onde vivamos. Picando na imaxe accederedes ás 6 ideas.


Tamén vos deixamos o enlace dun clásico (seguro que alguén da familia fíxoo de pequeno) que podedes facer con lentellas, fabas, garavanzos ou calquera legume que teñades a man. Picade na imaxe para ler como facer este experimento. Non esquezades facer fotos para ver como vai medrando!


Podedes apuntar nesta ficha a data na que
a vosa faba está igual que no debuxo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario