Antes de que empezara o confinamento, fixemos unha primeira aproximación a toda a bibliografía sobre Joan Miró que Zapatocas tiña na nosa biblioteca. A meirande parte eran fondos novos preparados para mergullarnos no fantástico mundo deste gran artista. Como agora non é posible consultalos, procuraremos material na rede e tentaremos adaptalo o mellor posible ás novas circunstancias coa vosa axuda.
Comezamos unha nova semana vendo o vídeo Ojos y Estrellas e presentando a primeira obra de Miró, que fixo cando só tiña 8 anos empregando un lapis e acuarelas de cores. Unha tartaruga que nos recorda a Borja, a mascota do cole que coidamos coa profe Ana. Mirade aquí como medrou desde que chegou ao CRA.
Tedes algunha tartaruga nas vosas casas? Non ten que ser unha tartaruga de verdade! Pode ser un conto, un peluche, un cadro, un broche, debuxada na louza, algunha foto que fixerades nalgunha viaxe... Convídovos a que mandedes unha foto e tamén a que tentedes debuxala vós: inventádelle un nome e escribídeo xunto ao debuxo: TARTARUGA _________
A tartaruga Anita, de Leo |
A tartaruga de Marta chámase Green. Tamén nos manda fotos das súas tartarugas! |
A tartaruga de Lía chámase Mariquita |
Ningún comentario:
Publicar un comentario