Hoxe celebramos o Día do Libro, un día que fai moi feliz a Zapatocas, a mascota da nosa biblioteca. El tiña preparada unha pequena festa cos libros que quería compartir con nós. Como non podemos ir ao cole, mándanos un recado. Queredes escoitalo? Picade aquí.
O libro que temos prestado da biblioteca do cole! Si, o da bolsa vermella! Onde andará? Temos que buscalo pola casa e facernos unha foto con el aberto, como aparece na ilustración de arriba.
|
Zapatocas |
A profe xa mandou a súa foto co Libro de Gloria Fuertes para niñas y niños e quere compartir unha páxina con vós na que aparece un poema que se titula: Don Libro está helado. Queredes escoitalo? Picade aquí.
E agora xa sabemos que para que os libros non teñan frío, temos que lelos. E que mellor forma de celebrar o Día do Libro que lendo. Felices lecturas e Feliz Día do Libro!
Don Caballito de mar está na casa de Lía
|
A eiruga larpeira está na casa de Leo |
|
O parruliño feo está na casa de Marta |
|
A mochila viaxeira chea de contos
está na casa de Dana e Adriana |
Ningún comentario:
Publicar un comentario