Comeza unha nova semana. Pero esta semana é especial porque o 23 de abril celébrase o Día do Libro. Un día que lle encanta a Zapatocas. Estade atentos porque seguro que está a preparar algo especial.
Mentres, imos propoñervos un xogo de rimas ao que podedes acceder picando na imaxe. Podedes xogar as veces que queirades cambiando o nome cada vez que accededes novamente (engadide números, por exemplo: Marta, Marta1, Marta2...).
Despois de buscar as rimas no xogo, podedes buscar máis rimas vós. Eliximos unha palabra, escribímola e facemos o debuxo. Despois temos que buscar outra máis que rime con ela, escribila e debuxala. E finalmente, con esas 2 palabras, escribimos un poema. Seremos quen de facelo? Mirade aquí para suxestións. Aos máis pequenos podemos axudalos escribíndolles as dúas palabras que riman e eles tentan copialas e facer o debuxo. O poema poden facelo de forma oral e aprendelo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario