Comeza unha nova semana na casa e imos darlle a benvida cantando. Leo e a súa nai comparten con nós esta canción que prepararon xuntos. Preparádevos porque chega directamente ao corazón coma un foguete. É tan pegadiza que seguro que escoitándoa un par de veces xa sodes quen de cantala de memoria. Ímola aprender toda a familia!
Eu desde a miña casa
vexo o mar que sube e baixa.
Vexo A Toxa, o Faro de Ons...
Que ganas teño de cantar cancións!
Pronto poderemos saír
todos xuntos por aí.
Pronto poderemos saír
e todos ao cole a sorrir.
(Bis)
Cando a marea esté alta,
poderemos ir á praia
E se o mar baixa moito,
as mariscadoras irán a por froitos.
Pronto poderemos saír
todos xuntos por aí.
Pronto poderemos saír
e todos ao cole a sorrir.
(Bis)
Música adaptada dun poema da Foliada dos Pícaros.
Letra: Leo e Raquel
Ningún comentario:
Publicar un comentario