Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 5 de febreiro de 2013

PEQUEÑA MASAI

É o título do conto que nos agardaba hoxe na biblioteca de Leiro. As tribos masais viven en KENIA, teñen a pel da cor do chocolate, visten de cor vermella e levan adobíos e colares de moitas cores. A nosa PEQUENA  MASAI do conto ten moitos amigos animais alí en KENIA. Pero teñen que andar con coidado porque un home cunhas tesoiras moi grandes anda na procura de elefantes para cortarlles os colmillos e facer caixas, colares e aneis. Na procura de rinocerontes para facer mangos de coitelos e na procura de crocodilos para facer bolsos e zapatos coa súa pel. Coa axuda da pequena Masai seguirán a salvo.
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario