O venres celebramos a FESTA DO ENTROIDO en Leiro. Este ano o tema que eliximos foi KENIA e cada aula foi disfrazada de algo relacionado con este país. En SISÁN foron de CEBRAS, en LOIS de LEÓNS, en LEIRO de GUEPARDOS e en RIBADUMIA de FOTÓGRAFOS DE SAFARI. Cantamos (unha canción preciosa que aprendemos co profe Felipe e que podedes escoitar e cantar no vídeo de abaixo), xogamos, disfrazámonos, bailamos, fixemos un pasarrúas, merendamos as especialidades de Entroido que fixeron as familias dos nenos e nenas de 3 anos e xogamos co paracaídas. Unha mañá na que o tempo acompañou e que disfrutamos xuntos. Agora toca disfrutar das vacacións de Entroido en familia. Vémonos o xoves 14 de febreiro no cole!
Ningún comentario:
Publicar un comentario