Como xa sabedes, para conmemorar o DÍA DA PAZ fixemos un mural baseándonos no cadro de DALÍ: A ROSA MEDITATIVA. De tanto falar del, picounos a curiosidade e quixemos saber máis cousiñas deste xenial artista. Na biblioteca de Leiro atopamos dous libros que falan de DALÍ e da súa obra. Chamounos moito a atención o seu bigote e os ovos xigantes que puxo no tellado da súa casa-museo. Pouco a pouco seguiremos investigando sobre el. A ver que descubrimos, xa vos contaremos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario