Os maiores xa a coñecían e os pequenos coñecérona esta semana: ROSALÍA DE CASTRO e os seus poemas chegan para quedar con nós. Soubemos que o 24 de febreiro foi o aniversario do seu nacemento e que escribiu un libro de poemas: CANTARES GALLEGOS, que tamén está de aniversario, nada máis e nada menos que 150 anos da súa publicación. Nós quixemos homenaxeala agasallándolle flores. E que flores temos no noso cole? CAMELIAS! Pintámosllas e logo fixemos unha roda arredor da árbore que se enche de camelias de cor rosa todos os anos e lle da cor ao noso patio.
Xa dentro escoitamos a Amancio Prada cantar ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES e unha Alborada que lle tocaron os gaiteiros a Rosalía na Illa de Arousa o pasado domingo. Se queredes escoitalas outra vez, aquí tedes os vídeos e atentos porque... Profe, profe, está Rosalía no bombo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario