A Torre Eiffel foi un dos monumentos da volta ao mundo que máis nos gustou. Mateo trouxo unha da súa casa que poñía PARÍS nos pés e na parte de arriba. Agora cada vez que a vemos, identificámola perfectamente. Nos contos de Rocío Bonilla aparece en moitas páxinas! Será que ela tamén está fascinada coa torre Eiffel?
Hoxe coñecimos unha canción en francés que fala de subir á torre Eiffel e chegar ao ceo. Que para iso necesitaremos un avión ou as ás dunha bolboreta e se atopamos o ascensor avariado teremos que subir polas escaleiras. E que aló arriba vai moito vento!
A profe Ángeles de Leiro compartiu con nós un libro de receitas que atopou na biblioteca no que aparece unha para facer a torre Eiffel con galletas de barquillo. Hoxe levamos na mochila a lista de ingredientes que necesitamos para facela. Escaneando o código QR accederedes a unha páxina web onde atoparedes máis información. Animádesvos a facela en familia esta fin de semana? Esperamos as vosas fotos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario