Cadrado é o nome dun lobo mariño que apareceu ferido nun aparello de pesca preto de Estaca de Bares. Logo de pasar pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), recupérase agora na Illa de Arousa no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) e en breve voltará ao mar. Feliz volta á casa, Cadrado!
Buscamos no Inventario Ilustrado dos mares da Editorial Kalandraka e o máis parecido que vimos foi un león mariño.
Comprobamos canto é un metro de lonxitude para facernos unha idea do que mide Cadrado e como moitos dixemos que na casa temos báscula, quedamos de comprobar se pesamos máis ou menos que Cadrado: 24 quilos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario