Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 11 de febreiro de 2022

11 DE FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

 Hoxe coñecimos a Ángeles Alvariño, científica galega de recoñecemento internacional. Os seus traballos tiveron especial relevancia e aplicación na oceanografía e na bioloxía mariña. Viaxou por todo o mundo realizando investigacións, descubriu 22 especies novas de zooplancto, escribiu varios libros e centos de artigos científicos. E seguiu dando conferencias e investigando despois de xubilarse! Foi a primeira muller que viaxou como científica nun buque de investigación británico. Ángeles Alvariño viaxou a bordo do buque Sarsia en 1954 nunha expedición polo Mar do Norte e realizou importantes estudos sobre o zooplancto (esenciais para coñecer as temperaturas mariñas) e sobre as larvas da sardiña (moi importantes para a pesca).

En internet vimos varias fotos de zooplancto (lembramos a Plancton, un das personaxes dos debuxos de Bob Esponxa) e despois cadaquén debuxou unha especie nova e púxolle un nome.

Sabedes que hai un buque oceanográfico que ten o nome da científica Ángeles Alvariño?

Adaptación do material que podedes atopar aquí.





Ningún comentario:

Publicar un comentario