Lembrades que a pasada fin de semana naceron pitiños na casa de Sofía? Pois vaia sorpresa levamos cando petaron na porta e era a mamá de Sofía que traía dous dos pitiños para que os coñecésemos! Pasaron toda a mañá con nós. Démoslles de comer e de beber e coidámolos moi ben.
Os pitiños chiaban e nós cantámoslles todas as cancións que sabiamos de galiñas e pitiños.
Tamén aprendimos a debuxar galiñas e pitiños, galiñeiros. comedeiros e todo o que vos poidades imaxinar relacionado con eles. Consultamos o libro A Galiña, da Editorial A Nosa Terra e coñecimos os tipos de galiñas que hai, que comen, como é o seu corpo por dentro e por fóra... E rematamos o debuxo enchéndoo de corazóns verdes de folliñas de trevos que atopamos no patio.
Que maneira tan xenial de celebrar o día da Candeloria, o día que casan os paxariños! Moitísimas grazas a Sofía e a súa familia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario