O pasado xoves 3 de maio participamos no I Congreso Escolar Aliméntate Ben. Ao longo de todo o día mostramos no noso stand o traballo realizado estes tres anos de participación no programa Aliméntate Ben do Plan Proxecta convidando a todos os que o visitaban a participar nos nosos obradoiros. Ao mesmo tempo visitamos os stands dos outros coles participantes e unímonos ás actividades propostas polas distintas Consellerías e outras entidades. Foi un día cheo de emocións, de sorpresas e de pasalo ben compartindo aprendizaxes, xogos, bailes, comida e momentos únicos cos compañeiros e compañeiras. Parabéns á organización do Congreso e moitas grazas ás familias do noso alumnado por confiar en nós e colaborar para que puidésemos participar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario