Como xa sabedes, desde hai tres anos o noso cole vén participando no Plan Proxecta da Consellería de Educación, no programa Aliméntate ben, dentro de Xermoliño, Ponlle as pilas ao teu bocata e O sabor da aventura está no mar. Este curso, por primeira vez vai celebrarse o I Congreso escolar Aliméntate ben e o noso centro, xunto con outros nove de toda Galicia, foi seleccionado para participar e mostrar o traballo realizado ao longo destes tres anos (podedes mirar nas etiquetas do blog se queredes velo) O vindeiro xoves 3 de maio, no Pazo de Congresos de Santiago participaremos no Congreso, representando ao CRA de Ribadumia, un grupo de nenos e nenas de todas as escolas do CRA acompañados de catro mestras. Podedes consultar o programa da actividade neste enlace.
É para nós unha honra ser seleccionados para mostrar todo o traballo realizado ao longo destes tres anos. Imos con moitas ganas de participar, de aprender e de pasalo moi ben. De seguro que si! Xa vos contaremos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario