Hoxe celebramos o festival de Entroido no Auditorio de Ribadumia. Na primeira parte da mañá os amigos do Sabor da Aventura está no mar convidáronos a aprender con eles sobre a pirámide alimenticia, produtos do mar e como podemos contribuír a manter o mar e as praias limpas. Despois tivemos un contacontos e un obradoiro de antifaces. Merendamos doces típicos de Entroido convidados polas familias do alumnado de 4 anos e rematamos a xornada disfrazándonos de seres mitolóxicos e desfilando polos arredores do Auditorio. Agora toca disfrutar dos días de Entroido. Voltamos ao cole o xoves 15 de febreiro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario