O vindeiro sábado 24 de febreiro celébrase o 181 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Desde a biblioteca do cole fíxose unha proposta para celebralo: cada aula tiña que facer un mural cun poema ou fragmento de Rosalía de Castro e ilustralo para despois colgalo nas paredes da biblioteca.
Nós escollimos un anaquiño do poema Alborada, de Cantares Gallegos:
Logo de lelo e de pensar en todo o que alí dicía puxémonos a debuxalo: árbores, millo, paxariños, montes, fontes, herbas, sol...
Escoitámola varias veces na voz de Uxía, do seu libro-cd Rosalía pequeniña, e escribímola con letras de cores. E aquí está o resultado:
Tamén nos sumamos á iniciativa da Fundación Rosalía de Castro: Caldo de Gloria.
Desde o cole animámosvos a participar facendo este fin de semana un caldiño nas vosas casas e recitando un poema de Rosalía de Castro que vos guste. Facede unha foto dese momento e enviádea ao mail da nosa escola: escoladeribadumia@gmail.com
A ver se conseguimos unha chea de fotos!
|
Víctor e o seu caldiño de Gloria |
Elisa e o seu caldiño de Gloria |
Joel e o seu caldiño de Gloria |
Alba e a súa familia co seu caldiño de Gloria |
Diego e o seu caldiño de Gloria |
Breixo e o seu caldiño de Gloria |
Ningún comentario:
Publicar un comentario