Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 22 de febreiro de 2018

EU TEÑO UNHA HABILIDADE QUE SE ME DÁ MOI BEN

Hai veces que Draco está triste e pensa que o fai todo mal. No seu camiño atopa unhas toupiñas que lle cantan á súa mellor habilidade: excavar. Pídenlle a Draco que pense nalgo que saiba facer moi ben. Draco pensa e pensa: hai algo que el saiba facer moi ben? Pois claro! VOAR!

Nós tamén pensamos nalgo que se nos dera moi ben e cantamos e bailamos como as toupiñas e Draco para celebralo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario