Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 7 de febreiro de 2018

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

E chegou o día! Hoxe celebramos no CRA de Ribadumia o Día Internacional da muller e a nena na ciencia. Sen esquecer as ordes do Meco de traer a cara pintada, mergullámonos no mundo da ciencia da man de dúas científicas apaixoadas cos seus traballos:  Luísa e o mar e Nieves e as árbores. Moitísimas grazas por vir amosarnos o voso traballo con tanto agarimo! Non sabedes canto aprendimos! 
Deixámosvos varios enlaces que fan referencia á celebración desta data aquí
Tamén tivemos tempo de facer un taumatropo e de aprender como funciona unha conserveira e animarnos a introducir o peixe na nosa dieta. Mirade nas fotos o resumo desta intensa mañá.







Mirade o vídeo do nacemento dun tiburón no Acuarium Finisterrae da Coruña
















Ningún comentario:

Publicar un comentario