Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 6 de decembro de 2012

OBRADOIRO DE COCIÑA: MOMIAS


Onte falamos de TUTANKAMÓN e do arqueólogo que descubriu a súa tumba: Howard Carter. Sabedes que o pasado catro de novembro fixo 90 anos do seu descubrimento? 90 anos son moitos! Contamos ata chegar ao número 90 e necesitamos os dedos das mans de 9 nenos! Pois para celebrar este aniversario, collimos do noso recuncho de EXIPTO todos os obxectos relacionados con TUTANKAMÓN (un puzle en 3D, unha máscara de pedra, o trono de Tutankamón que se abre e dentro hai un farol dos que usou Howard Carter cando atopou a tumba, un papiro e un bastón) e merendamos MOMIAS.
En lugar das galletas dos mércores tíñamos que traer: 1 rebanada de pan de molde, 1 loncha de xamón cocido e 2 lonchas de queixo. A profe trouxo salsa de tomate e olivas, lavamos as manciñas e puxémonos mans á obra. Mirade nas fotos que ricas nos saíron! E para rematar, acabamos bailando Momias de Colores como auténticas momias exipcias!!
Neste enlace temos toda a información necesaria para volver facer a receita na nosa casa.


1 comentario:

  1. Como boto de menos os obradoiros de cociña!! Esas momias teñen unha pinta boísima! Seguirei visitándovos para ver as cousas tan chulis que facedes!
    Por certo, que grandes estades!!
    Un biquiño para os pequechos e un bicazo para a profe Marta!!

    ResponderEliminar