Este Nadal quixemos facerlle unha homenaxe a MILIKI e aos pallasos da tele que tan bos momentos nos fixeron pasar a grandes e peques. Cada aula elixiu unha canción, nós EN EL AUTO DE PAPÁ e preparámola para ese día. Logo dos obradoiros e de merendar (moitas grazas ás familias dos nenos e nenas de 4 anos, que foron os que convidaron esta vez), preparamos os nosos disfraces e actuamos como grandes artista. Para rematar, a visita do APALPADOR deixounos a máis de un coa boca aberta. Démoslle as nosas cartas e el deunos chocolatinas que axiña desapareceron como por arte de maxia. Que ben o pasamos!! Agora toca descansar nas vacacións, pasalo moi ben e voltar ao cole o martes 8 de xaneiro (a Leiro, que é martes!!) con moitas cousiñas que contar. BO NADAL A TOD@S E FELICES FESTAS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario