Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 4 de decembro de 2012

O APALPADOR



Hoxe os nenos e nenas de 3 anos coñecimos ao APALPADOR. Os compañeiros de 4 xa o coñecían do NADAL pasado. Grazas ao conto de Xoán G., O APALPADOR, soubemos que vive nas montañas do Courel, que nos seus tempos mozos era carboeiro e agora adícase a facer xoguetes de madeira e apañar castañas no monte para na noite de Nadal ir a apalpar as barriguiñas dos meniños cando durmen e se están ben mantidos, deixarlles castañas na mesa de noite e un agasallo de madeira agachado pola casa.
Así que a partir de agora imos comer toda a merenda a ver se o APALPADOR nos deixa un xoguete de madeira agachado no cole!

Ningún comentario:

Publicar un comentario