Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 6 de maio de 2020

UN MES DE REFRÁNS DEBUXADOS



Hoxe unímonos ao reto de debuxar un refrán que propón Galiza Visual e que recolle Aulas Galegas no artigo que podedes ler aquí. 
Cada familia ten os seus refráns favoritos que emprega a cotío e que se van herdando grazas á tradición oral. Cal é o que máis soa na vosa casa? Animádesvos a escribilo,  debuxalo e compartilo para aprender entre todos?
Neste enlace, a partir da páxina 52, atoparedes unha chea de refráns.


martes, 5 de maio de 2020

CONCURSO: O QUE VES DESDE A TÚA XANELA

A Deputación de Pontevedra ten en marcha un concurso de debuxo no que podedes participar desde a casa. Picade na imaxe para acceder a toda a información.


O XARDÍN DE MIRÓ

Sabedes que Joan Miró ten un cadro que se titula O xardín?


No xardín de Miró hai flores pero tamén animais, estrelas... Mirade no vídeo o xardín animado para ver os personaxes que van aparecendo ata completar a escena. Hai paxaros, vermes... Cando paseamos polo campo tamén atopamos animaliños. Lembrades cando aparecen caracois no patio do cole? Aquelo parece unha festa! Se nos vosos paseos atopades algún animaliño curioso podedes mandar foto (caracois, xoaniñas, bolboretas, vermes, paxaros...)





Martín atopou ovellas nun dos
seus paseos

Vaia tesouro atopou Martín!
Un niño nunha parra de viño!


Martín foi de paseo e atopou unha xoaniña!


E falando de flores, lembrades a proposta de facerlle fotos ás flores que atopásemos nos nosos paseos? Pois Marta encontrou unha chea delas! Mirade cantas! A ver se entre todos averiguamos como se chama cada unha delas. Hai 12 e están numeradas. Podedes mandar as vosas respostas nun correo indicando o número da flor e o nome. E se atopades outras diferentes, mandade foto!

As flores que atopou Marta

no seu paseo

1  2
3  4

As flores que atopou Marta
no seu paseo

5   6
7    8

As flores que atopou Marta
no seu paseo

9  10
11   12

luns, 4 de maio de 2020

COMEFROITAS DO MES DE MAIO


Ola comefroitas! Como van os vosos álbumes? Estades apuntando na casa as froitas que ides comendo cada día? Marcos, da escola de Leiro, completou o mes de abril e mandou unha foto do seu álbum que podedes ver aquí.
Hoxe imos coñecer as froitas de tempada do mes de maio. Preparados? Temos novidades!



ALBARICOQUE

MELOCOTÓN

NECTARINA


CEREIXAS

AMORODOS

PLÁTANO

NÉSPERAS




E para inaugurar os Comefroitas divertidos deste mes, déixovos o que fixen eu na casa onte con dúas froitas de tempada e as sementes dunha delas. Adiviñades cales son?


E como aquí aproveitamos todo, despois de comer o Comefroitas, preparamos as sementes para facelas xerminar. Queredes saber como? Pois picade na imaxe!


Chéganos o Álbum dos Comefroitas de Martín co mes de abril completo. Estes días está comendo moita froita e gústalle tanto que di que lle sabe a chuches. Xenial, Martín!

O Comefroitas de Martín do mes de abril completo!
Bravo, Martín! 



venres, 1 de maio de 2020

E CHEGARON OS MAIOS!

Onte deberiamos de estar celebrando a festa dos Maios no CRA en familia, coma todos os anos. Non puido ser pero quixemos manter a tradición propoñendo facelo desde a casa. As fotos foron chegando ao longo da semana e tamén algunha copla ben bonita. Se aínda non tivéchedes un ratiño para facelo, sempre estades a tempo. Agora que podemos saír pasear imos atopar unha chea de flores celebrando a chegada da primavera en todos os recunchos. Se esta fin de semana saídes e atopades flores, facédelle fotos e mandádeas, a ver cantas diferentes logramos conseguir entre todos. Tamén valen se as tedes nos xardíns das vosas casas.


Dana e Adriana coas fiestras engalanadas
de flores

Flores de papel de Adriana e Dana

Flores recicladas de Dana e Adriana

"30 de abril, primeiro de maio,
entre o bo e saia o malo"
Casa de Adriana e Dana

"30 de abril, primeiro de maio,
entre o bo e saia o malo"
Casa de Adriana e Dana

Dana e Adriana coas cadenetas de pampullos
Este é o noso maio
parece un floreiro
pero para min
o mellor do mundo enteiro.
Plas, plas,
plas, plas, plas, plas, plas
O maio de Marta e a súa copla son xeniais!




Joel fixo moitas cadenetas de pampullos
para celebrar Os Maios.
Estás fantástico, Joel!


Lucía e Breixo tamén quixeron ensinarnos o seu maio
Está precioso!

Lía engadiu dúas estrofas máis
á cantiga dos Maios!

Flores recicladas para adornar as xanelas de Lía

Unha vista preciosa desde a casa de Lía
celebrando os Maios





xoves, 30 de abril de 2020

COMO SE FAN AS AREPAS?

A Lía encántanlle as arepas: comelas e facelas! As arepas son un prato típico de Venezuela que admite calquera recheo pero o máis típico é o queixo relado. Na casa de Lía tómanas á hora do almorzo e quixeron compartir con nós a receita. Vaia pinta máis saborosa! Moitas grazas, Lía e familia!
Xa sabedes que podedes mandar as vosas receitas para compartir! Deixámosvos o caderno de actividades Pepa e Rufo na cociña, coeditado por Crispis e Afundación, onde podedes atopar receitas e xogos para disfrutar en familia. Picade aquí para lelo.







GUÍA DE LECTURAS DO UNIVERSO

Remata abril, mes dos libros, e que mellor que facelo cunha guía de lecturas que recolle moitos dos libros que temos na biblioteca e que fomos lendo e consultando ao longo do curso para traballar o proxecto do Universo. Mandámoslle un bico enorme a Zapatocas desde as nosas casas. Temos moitas ganas de volver a velo!