Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 14 de febreiro de 2025

QUE FIXEMOS ESTA SEMANA?

"Mirade! Dous paxaros xuntos!
Están casando e buscando unha árbore onde facer o seu niño!"


Comezamos a semana rematando o taumatropo que fixemos coa profe Olalla do paxariño que busca o seu niño (co material de apego.gal). Non pensedes que é tan doado facelo funcionar! Ten a súa técnica!



Tamén pintamos as figuras que fixemos co barro a semana pasada.


E rematamos a semana cun mosaico de cores en forma de corazón para celebrar o amor e a sorte que temos de estar rodeados de tanta xente que nos quere.



Ningún comentario:

Publicar un comentario