O vindeiro domingo 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía. A nosa superheroína das letras galegas foi retratada xunto outros membros dos Power Letters polo muralista Yoseba MP no IES Maximino Romero de Lema.
No vídeo vimos a Yoseba pintando o mural, miramos como se chamaban os outros superheroes que acompañan a Rosalía e descubrimos como escribiu todas as letras "O" cun raio dentro. Despois miramos quen tiña esa letra no seu nome: Aroa, Eloy, Rodrigo dúas! e Pablo.
Rematamos a sesión lendo o libro Miña casiña, meu lar, que algúns xa coñecíamos do curso pasado e que nos gusta moito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario