Desde a semana pasada temos insectos pau no cole. Estivemos vendo un vídeo de como son e tamén buscamos información na biblioteca. Sabemos que son insectos inofensivos, que lles gusta pasar desapercibidos e camuflarse. Aliméntanse das follas das silveiras e polo día están bastante quietiños, sendo pola noite cando se activan. Necesitan algo de humidade para sobrevivir e se por algún motivo perden algunha das súas seis patas, médralles outra vez. Que curiosos estes animaliños tan pequenos! Encántanos buscalos e ilos atopando!
Ningún comentario:
Publicar un comentario